Campamentos e campos de traballo para mozos e mozas galegos ou descendentes de galegos no exterior

Marzo 10th, 2010

article5.jpeg

Convoca:

Dirección Xeral de Xuventude e Volutnariado.

Contido:

A Secretaria Xeral da Emigración convoca o programa de axudas para a participación en actividades de campamentos e campos de traballo dirixidos a mozos e mozas de orixe galega ou descendentes de galegos e que residan no exterior.

Requisitos:

a) Ter residencia habitual fóra de Galicia.

b) Ter nacido en Galicia ou ser descendente de galego ata o segundo grao de consanguinidade.

c) Ter nacionalidade española.

d) Atoparse vinculado con calquera concello galego no censo electoral de residentes ausentes, para aqueles solicitantes que teñan 18 ou máis anos á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

e) Ter unha idade entre 14 e 20 anos, o 30 de xuño do ano da convocatoria, para os participantes en actividades de campamento.

f) Ter unha idade entre 18 e 30 anos, o 30 de xuño do ano da convocatoria, para os participantes en campos de traballo.

g) No caso dos solicitantes de actividades de campamentos, non ter participado en edicións anteriores nesta modalidade.

h) No caso de solicitantes en campos de traballo, non ter participado en edicións anteriores na modalidade de campos de traballo.

i) Non contar a unidade económica familiar con ingresos superiores, en renda per cápita, a 2.5 veces o salario mínimo interprofesional ou equivalente, de referencia para o ano da convocatoria, do país de residencia do solicitante, agás os solicitantes residentes en Cuba, en que os ingresos non poderán ser superiores á prestación económica por ancianidade establecida polo Estado español para o ano da convocatoria.

1. Campamentos:

Convócanse 336 prazas en campamentos e albergues xuvenís situados en Galicia dependentes da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, en dúas quendas no mes de xullo.

O programa desenvólvese en dúas quendas diferentes con actividades tamén diferenciadas:

a) Na quenda do 1 ao 12 de xullo ten lugar a actividade Galiza: verde e azul, que busca proporcionar aos mozos e mozas de fóra de Galicia un mellor coñecemento da nosa terra; residirán os participantes -con idades comprendidas entre os 14 e os 17 anos- en dúas instalacións: seis días na zona de interior (no Camp. Xuvenil Os Chacotes, Palas de Rei (Lugo) e seis días na zona de costa (no albergue xuvenil de Gandarío-Bergondo (A Coruña), permanecendo en tendas de campaña no primeiro caso e nun albergue, en cuartos compartidos, no segundo.

b) Na segunda quenda, do 17 ao 28 de xullo, teñen lugar as Rotas coñece Galicia, a través dunha actividade de campamento itinerante, residindo os participantes -con idades comprendidas entre os 14 e os 20 anos- en tres instalacións de tipo albergue ou residencia xuvenil (en cuartos compartidos), cunha permanencia duns 4 días en cada unha delas.

As instalacións están situadas nas distintas provincias galegas: en Lugo, a Residencia Xuvenil Eijo Garay; en Ourense, a R.X. Florentino López Cuevillas; en Vigo (Pontevedra), a R.X. Altamar, e en Bergondo (A Coruña), o Albergue Xuvenil de Gandarío.

2. Campos de traballo: convócanse 40 prazas en campos de traballo situados en distintas localidades da Comunidade Autónoma galega, para participantes con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos, en modalidades tales como: arqueoloxía, animación sociocultural, social, ambiental. Trátase de actividades de colaboración desinteresada e voluntaria en traballos diversos na procura dun maior coñecemento da nosa cultura, da mellora ambiental do noso contorno e da recuperación do patrimonio cultural e arquitectónico. Ademais do traballo, ofrécese un programa con actividades de convivencia, de animación, de lecer e tempo libre.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 12 de abril de 2010.

Máis información no DOG do 10 de marzo de 2010 e na Secretaría Xeral de Emigración: www.galiciaaberta.com

Programa Camiño a Camiño

Marzo 9th, 2010

 mabiente_camino.jpg

Convoca:

Concellería de Medio Ambiente.

Contido:

Tras os continuos éxitos acadados en edicións anteriores, a Concellería de Medio Ambiente, Sanidade e Consumo pon en marcha unha nova edición do programa “Vigo Camiño a Camiño” ano 2010, comezando o 7 de marzo e finalizando o 26 de xuño.

Inscricións

As inscricións para as rutas diúrnas, nocturnas e visitas ás Illas Cíes do Camiño a Camiño tramítanse unicamente a través do servizo de atención telefónica do Concello de Vigo - 010, comezando o prazo de inscrición o luns anterior á realización de cada ruta. Para axilizar ao máximo o tempo de chamada, é preciso ter a man os datos que as operadoras rexistran no proceso (Nome e apelidos, NIF, teléfono de contacto e idade); ademais é importante comentarlle á operadora calquera incidente que poida ser relevante para os monitores, guías e socorristas (alerxias, discapacidades que afecten á práctica de exercicio físico, lesións, etc).

As Cíes, un “clásico”O Concello de Vigo forma parte desde o pasado 2009 da Rede de Unidades Concellos Saudable da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia - Dirección Xeral de Saúde Pública. Xa que logo, establécense este novo ano non só obxectivos medio ambientais, senón da mellora da calidade de vida a través da práctica regular de actividade física, os hábitos nutricionais adecuados e finalmente a loita contra o tabaquismo e outras drogas.Camiñar forma parte dun estilo de vida saudableO Concello de Vigo forma parte por primeira vez da Rede de Unidades de Concellos Saudables da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia - Dirección Xeral de Saúde Pública. Por tanto, establécense este ano non só obxectivos medio ambientais, senón da mellora da calidade de vida a través da práctica regular de actividade física, os hábitos nutricionais adecuados e finalmente a loita contra o tabaquismo e outras drogas.
Nesta línea facilitarase información sobre estilos de vida saudable aos participantes a través dos guías e monitores, dende a Unidade Concello Saudable de Vigo, e dende a propia páxina web do Concello.

Novas rutas

Ademais de repetir as rutas máis valoradas polos participantes (Galiñeiro, Monte Alba - Coruxo, rutas mareais con kaiak), preséntanse como novidades as rutas diúrnas do Galiñeiro Sur e do Monte Cepudo - Montecastelo. Ademais incluímos 4 rutas nocturnas nas que os participantes podrán observar as principais contornas do municipio desde outro punto de vista.

Nesta edición fixemos un esforzo técnico, gravando de novo todas as rutas con pulsómetros e envorcando os datos ás fichas técnicas de cada saída, de maneira que os participantes poidan acceder ás gráficas de Frecuencia Cardíaca e estimar a intensidade das mesmas con maior exactitude que en edicións anteriores.

Programa “E MÁIS”

Con motivo do Ano Internacional da Biodiversidade, levarase a cabo unha actividade de educación ambiental para 50 nenos de Ancares e 150 de Vigo, convivindo durante 4 días no municipio e nas Illas Cíes, e aprendendo a través de talleres educativos a forma de respetar e manter a biodiversidade.

Realizaremos ademais dúas edicións do Camiño de Santiago, a primeira delas en tres fins de semana e a segunda en 5 xornadas de domingo, colaborando moi activamente no proxecto RENFE.

EquipoUn equipo de 50 profesionais levarán a cabo un minucioso traballo para que os participantes poidan despreocuparse da organización e prestar toda a súa atención á magnífica contorna da nosa cidade e ría. Contarán co apoio de guías do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, oceanógrafos, biólogos, forestais, tripulacións dos barcos de travesía, persoal de hostalería, e finalmente estarán acompañados en todo momento por dous socorristas que velarán pola súa seguridade. En definitiva, un equipo técnico completo e multidisciplinar que garante en todo momento unha gran calidade e profesionalidade de traballo.

Máis Información:

 

986 81 01 00

 

ACTIVIDADES da XUNTA de Galicia PARA MOZOS E MOZAS DE ENTRE 18 E 35 ANOS NA CAMPAÑA DE VERÁN

Marzo 9th, 2010

article4.jpeg

Convoca:

Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.

Contido:

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado oferta para xullo e agosto unha ampla programación de actividades. Atrévete a descubrilas.

Máis Información:

www.xuventude.net

Excursión a Extremadura na Semana Santa

Marzo 8th, 2010

 extremadura21.JPG

Convoca:

Axencia de viaxes Airbus.

Contido:

Do1 ao 4 de abril organizase unha viaxe visitando alguns lugares da provincia de Extremadura como Aceuchal, Guadalupe, Trujillo, Mérida, Cáceres e Plasencia.

O rpezo é de 250 euros en media pensión e de 295 en pensión completa.

No rpezo se inclúe transporte en autocar, aloxamento en hotel de 3 estrelas, azafata acompañante,seguros de viaxe e I.V.E.

Máis Información:

986 43 20 00

Bolsa de prácticas de turismo. Baiona

Marzo 5th, 2010

baiona.jpg

CONTIDO:

Convocatoria dunha bolsa para a realización de prácticas en oficinas de información turística do Concello de Baiona.

A duración do contrato será de 6 meses  e as condicións económicas de 974,25 euros brutos/mes.

As persoas interesadas en participar no proceso de selección poden recolle-las bases da convocatoria no rexistro de entrada do Concello en horario de 9 a 13:00 horas.

REQUISITOS:

Ademáis dos requisitos establecidos no artigo 13 da Lei de subvencións, os interesados deberán contar coa titulación de superior en actividades turísticas ou titulación superior na mesma especialidade superior de diplomados en empresas e actividades turísticas

PRAZO:

Ata o 11/03/2010

MÁIS INFORMACIÓN:

Concello de Baiona

Teléfono: 986 385 050

Arte dixital no Punto Xove con Ana Pérez Cerviño

Marzo 5th, 2010

Convoca: Punto Xove da Concellaría de Xuventude de Vigo

Contido: No Espazo Proxecta poderemos ver o vindeiro xoves as novas creacións de Ana Pérez Cerviño.

A nova definición de “libro-multimedia”, no que se conxuga a maxia e sensibilidade da poesía da autora coa súa orixinal e místiva net-art ou arte dixital.

En “Elucubracións dunha mente en proceso de sé-lo” mergullarémonos nun profundo diálogo sobre o sentido da vida, e o significado de nó mesm@s e os nosos pensamento no devir dos días.

Data e hora: Xoves 11 de marzo as 19:30 hs

Onde: 

Punto Xove da Concellaría de Xuventude de Vigo

López de Neira 27, 986 223 004

puntoxove@vigo.org

sol_luminoso_anaperezcervino.jpg

Subvencións do Injuve ás Asociacións Xuvenís e entidades prestadoras de servizos a xuventude

Marzo 5th, 2010

Convoca: Injuve

Contido: O instituto da Xuventude Injuve convoca subvencións aos programas dirixidos a moz@s entre 14 e 30 anos, destinados a apoiar o movemento asociativo xuvenil e a súa participación social, así coma ao fomento de programas que posibilite a autonomía e promovan a igualdade de oportunidades d@s moz@s.

Requisitos: 

1. Estar legalmente constituída como:

a) Asociacións xuvenís, federacións ou confederacións de asociación xuvenís.

b) sección xuvenís de entidades sociais ou organizacións que teñan recoñecidos nos seus estatutos autonomía funcional, organización e goberno propio para os asuntos específicamente xuvenís.

c) Entidades prestadoras de servizos á xuventude, dedicadas con caracter habitual á realización de actividades en favor da xuventude segundo previsión expresa nos seus estatutos.

2. Acreditar documentalmente ter sede aberta e en funcionamento no ámbito de varias Comunidades Autónomas.

3. Carecer de fins de lucro

4. Dispoñer da estructura e capacidade abondo para garantir o cumprimento dos obxectivos, acreditando a experiencia necesaria para iso.

Prazo: Ata o 31 de marzo de 2010

Máis información: No BOE do 1 de marzo de 2010 e en www.injuve.migualdad.es

Festival Alt’10

Marzo 4th, 2010

Convoca:Concellería de Cultura

Contido: O concelleiro de Cultura, Xesus López, destacou este  o carácter innovador e arriscado do Festival Alternativo Alt’10 das artes escénicas, cuxo primeiro bloque de programación terá lugar do 11 ao 14 de marzo. O concelleiro salientou tamén a incorporación de novos espazos da cidade nos que se desenvolverán as actuacións desta novena edición do festival.

A novena edición do Alt’10 inclúe doce espectáculos, ademais dunha conferencia e un programa especial para novos creadores galegos. O primeiro bloque do festival, segundo explicou a súa directora, Lola Correa, iniciarase o 11 de marzo ás 14 horas no Centro comercial da cidade universitaria, coa actuación da compañía francesa Etxea. No Marco, ás 20 horas, actuará a compañía valenciana Los que quedan e ás 21.30 horas a compañía francesa Café Klash. Tanto o día 11 como o 12 e o 13, as rúas de Vigo serán tamén escenario dos espectáculos, coa actuación da compañía Etxea.

O venres 12 día de marzo terá lugar unha mesa redonda no MARCO ás 19 horas, protagonizda por Oscar Cornago e Carlos Marquerie, que falarán de “Testigo casual de mi tiempo”. Asemade, ás 21.30 horas na Casa das Artes actuará a compañía Histrión. O sábado 13 de marzo, o MARCO acollerá dous pases da artista Monse Penela, ás 20 e 20.30 horas. Ese mesmo día, ás 21.30 horas, a artista Elena Córdoba actuará na Casa das Artes. O domingo 14 de marzo, a Casa das Artes, ás 19 horas, acollerá a actuación de Pablo Fidalgo e Estefanía García.

O xoves 18 de marzo, no MARCO ás 20 horas poderanse ver as propostas de Sleepwalk Collective e ás 21.30, na Casa das Artes actuará a compañía Ertza. O venres, 19 de marzo, terá lugar o espectáculo “Especial Galicia presenta”, con los espectáculos que terán lugar no MARCO ás 20 horas, na Casa das Artes ás 19 horas e tamén na Casa das Artes ás 21.30 horas.

O sábado 20 de marzo o MARCO acollerá ás 20 horas a actuación da compañía Vero Cendoya, e a na Casa das Artes, ás 21.30 horas terá lugar o espectáculo da compañía andaluza Mandaito Producciones. O segundo bloque da programación celebrarase do 18 ao 20 de xuño, e nel poderán verse diferentes propostas de compañías vascas, catalanas, andaluzas e inglesas.

A delegada da Xunta en Vigo felicitou a Noescafé Teatro a organización do festival e ao Concello de Vigo “por apoiar esta iniciativa”. Asegurou que as administracións teñen que apoiar propostas como esta, especialmente nun momento de crise como o actual. Finalmente, Lola Correa agradeceu ao Concello de Vigo e especialmente á Concellería de Cultura o seu apoio “porque son os verdadeiros padriños e artífices de que o Alt se manteña”, así como a colaboración da Xunta de Galicia.

CURSOS DE FORMACIÓN MUSICAL E ARTES ESCÉNICAS

Marzo 4th, 2010

 

Convoca: CENTRO DE OCIO XUVENIL ALTERNATIVO “SÚBETE Ó CASTRO”
Contido:

Temos prazas libres nos seguintes cursos:

-Break dance: Sábados de 18 a 19h

- Iniciación ao teatro e improvisación: venres de 18 a 19h

- Iniciación ao Djembé: martes de 17 a 18h

Cursos gratuítos para xóvenes de 14 a 30 anos preferentemente.

Máis información: Súbete ó Castro

Programa de lecer xuvenil alternativo da Concellaría de Xuventude do Excmo. Concello de Vigo.

Enderezo: Espazo Xove de O Castro, Paseo dos Cedros S/N, 36203 Vigo. (Ao carón da Pista de Bicicletas do Parque de O Castro)
Teléfono: 986485541
Correo electrónico: cibercastro@xuventudevigo.org
Sitio Web: www.xuventudevigo.org/cibercastro

Horarios:
De luns a xoves 17:00 a 21:00 | venres e sábados: 17:00 a 23:00h,|

Bolsas internacionais da Deputación Provincial de Ourense

Marzo 3rd, 2010

 top-becas1.jpg

CONTIDO:

O obxecto destas bases é a regulación da tramitación e concesión de 30 bolsas individuais de estancias e prácticas laborais en empresas europeas, que teñen como finalidade apoia-los participantes en actividades de formación para a adquisición de coñecementos, competencias e cualificacións que completen o desenvolvemento persoal e profesional, facilitando a mobilidade dos traballadores en Europa e promovendo o desenvolvemento de prácticas innovadoras e a súa transferencia entre os países participantes, fomentando o perfeccionamento de linguas estranxeiras.

As prácticas poderanse desenvolver en empresas da Unión Europea, preferentemente en Alemaña, Austria, Francia, Italia, Reino Unido, República Checa e Portugal.

Os gastos cubertos polas bolsas serán os seguintes:

  1. Custos de desprazamento de ida e volta, preferentemente en avión (ida para o comezo do programa e retorno á fin da estancia programada)
  2. Prácticas laborais nunha empresa seleccionada en atención ó perfil profesional do/a beneficiario/a
  3. Titoría de prácticas laborais durante o tempo de inserción laboral en empresas situadas no país de destino
  4. Dotación mensual que consistirá no aboamento de axuda para custos de aloxamento e/ou de manutención
  5. Curso de inmersión lingüística
  6. Seguro de enfermidades e accidentes

O procedemento de concesión será o de concorrencia competitiva, mediante trámite de carácter urxente.

Os solicitantes deberán concorrer á realización dunha proba da/s lingua/s estranxeira/s indicada/s na solicitude, así como unha entrevista persoal cuxo obxecto será a comprobación de adecuación do solicitante ó programa.

REQUISITOS:

  • Posuír titulación universitaria de primeiro ou segundo ciclo acreditada por universidades españolas ou recoñecidas polo Ministerio de Educación, ou estar en condición de obte-la titulación na data na que remate o prazo de presentación de solicitudes
  • Que a dita titulación se obtivese nos cinco anos inmediatamente anteriores á data do ano da convocatoria deste concurso.
  • Posuír coñecemento dalgunha das seguintes linguas cun nivel suficiente para desenvolver unha práctica laboral axeitada ó seu grao de formación académica: italiano, francés, portugués, alemán e/ou inglés
  • Posuír coñecementos de informática a nivel de usuario
  • Non ter gozado anteriormente dunha bolsa do programa Leonardo da Vinci convocada por esta Deputación Provincial

PRAZO:

15 días naturais seguintes á publicación no BOP

MÁIS INFORMACIÓN:

BOP Ourense 03/03/2010