bibliopraia
bibliopraia
Os libros ao sol é unha campaña de fomento de lectura en galego organizada pola Concellería de Normalización Lingüística e pola Concellería de Xuventude do Concello de Vigo.
Estaremos no paseo de Samil, na praia da Argazada, desde o día 2 ao 30 de xullo, de luns a venres, e en horario de 10:00 a 13:30 h e de 16:00 a 20:00 h. Nesta páxina poderás consultar a seguinte información:
  • Os libros que conforman a bibliopraia de Os libros ao sol. Poderás filtrar a busca por autor/a, editorial ou xénero e comprobar a súa dispoñibilidade.
  • A axenda de actividades que se desenvolverán ao redor da bibliopraia de Os libros ao sol: contacontos, música, xogos...

Normas de funcionamento

Primeiro:
Solicita o teu carné de usuario ou usuaria.

Segundo:
Escolle a túa lectura e retíraa na caseta.

Terceiro:
Devolve o libro no horario establecido e nas mesmas condicións nas que o levaches.

Cuarto:
Recibirás no teu correo electrónico información das actividades e normas de funcionamento.

Actividades complementarias

  • Contos, xogos, música...

  • Láminas para pintar e recortar para a xente miúda

  • Premios e concursos

    • Agasallo de benvida por facerse usuario/a da bibliopraia.
    • Sorteos cotiáns de libros entre as/os lectoras/es.
    • Concursos semanais con agasallos.
      • Público infantil/xuvenil: comenta/pinta os teus libros.
      • Publico adulto: a mellor cita.
    • Premio final á persoa máis lectora.
      • Público infantil/xuvenil: lote de libros e regalos do SNL
      • Publico adulto: Historias para coñecermos Vigo e regalos do SNL