Información sobre accesibilidade

Accesibilidade

Información



Comparte coche

Comparte coche

Universidade, traballo



Boletin de información Xuvenil

BIX

Boletín de información



Foros de debate

Foro

Anuncios, actualidade...




Saúdo da concelleira

Ruta Xove

Xuño 2008



Saúdo da concelleira

Saúdo de Iolanda

Concelleira de Xuventude



  
Mapa coa localización

Logos

 


Biblioteca e Revistas

Existe un fondo bibliográfico de interese xuvenil, sobre todo dentro do campo da animación sociocultural e o tempo libre, que está a disposición dos/as usuarios/as. É unha biblioteca modesta integrada dentro dunha sala que denominamos de autoconsulta. Chámase así porque nesta sala se pode entrar libremente e consultar tanto os libros como o fondo documental de revistas que están á vosa disposición na sala.

Estante da biblioteca

No caso de estar interesados/as en levar de préstamo algún libro, debedes consultar co persoal para cubrir a documentación correspondente.
Esta zona, xunto coa adxacente inmediata, son espazos usados polos/as mozos/as que nos visitan para ollar a prensa diaria( Faro de Vigo, La Voz de Galicia, Atlántico Diario, El Pais, El Mundo e o Correo Galego) que está á vosa disposición dende primeira hora de mañá.
A idea é crear un espazo no que poidades estar sen necesidade de solicitar unha información lendo comodamente a prensa de hoxe, as revistas ou simplemente observando a información dos paneis.


Revistas

Ademais nesta sala podedes ver e ler as diversas revistas que poñemos á vosa disposición diariamente. Dentro deste fondo de revistas renovado atoparedes suplementos culturais de diferente índole, revistas de información xuvenil e de asociacións relacionadas co mundo da mocidade, do medio e tamén revistas que aluden á solidariedade e o voluntariado. Por exemplo: Magacines dos periódicos, información xuvenil da Xunta, solidarios para o desenvolvemento, Dr. Fleming, infoxove...

Un lector da casa da xuventude
A consulta é libre.