
Se estás perdid@ á hora de buscar emprego, se queres asesoramento laboral ou información de como montar a túa propia empresa, facer o teu currículo,... Ven e axudarémosche a resolvelo.
Atoparás unha oficina con información e documentación sobre emprego e sobre todo, haberá un/unha técnica de información que tratará de resolver as túas necesidades particulares con respecto ao emprego.
Buscamos e organizamos información de ofertas de emprego público e privado, tanto a nivel local, nacional e internacional para favorecer a túa positiva e pronta integración dentro do mundo laboral, por exemplo...
Para calquera persoa interesada en resolver dúbidas sobre emprego, sexa de Vigo ou de fóra da cidade.
En López Mora,31. 36211 Vigo. Último andar.
Horario: Luns a venres de 10 a 13.30hs e de luns a xoves de 17 a 19.30hs.
Emprego.xuventude@vigo.org