Sala sita no primeiro andar da Casa da Xuventude, pensada para o colectivo da mocidade do municipio de Vigo, para exposicións temporais de calquera modalidade artística.

Para calquera persoa ou colectivo interesado con idades comprendidas entre os 15 e os 35 anos. Preferentemente do Municipio de Vigo.
Cubrirase o formulario anexo e remitirase a xuventude@vigo.org á atención de Sala de exposicións. Considerarase a solicitude e pedirase máis información para logo, persoalmente, concretar datas e demais detalles co/s interesados/as na Casa da Xuventude.
Cubrirase o formulario anexo e presentarase na Casa da Xuventude. Considerarase a solicitude e pedirase máis información para logo, persoalmente, concretar datas e demais detalles co/s interesados/as na Casa da Xuventude.
Cubrirase o formulario anexo e remitirase a Casa da Xuventude. Considerarase a solicitude e pedirase máis información para logo, persoalmente, concretar datas e demais detalles co/s interesados/as na Casa da Xuventude.
Daremos una resposta nun máximo de 48 horas dende a recepción da solicitude.
Solicitude da Sala de Exposicións da Casa da Xuventude.
Se existe, documentación gráfica da obra.
A Casa da Xuventude asume a publicidade das exposicións e a súa difusión nos diferentes medios de comunicación.
Non se esixe currículum artístico aínda que se valorará.
Non se pode vender obra.
O transporte e a montaxe da exposición deberá ser asumida polo/a interesado/a.