Información sobre accesibilidade

Accesibilidade

Información



Comparte coche

Comparte coche

Universidade, traballo



Boletin de información Xuvenil

BIX

Boletín de información



Foros de debate

Foro

Anuncios, actualidade...




Saúdo da concelleira

Ruta Xove

Xuño 2008



Saúdo da concelleira

Saúdo de Iolanda

Concelleira de Xuventude



  
Mapa coa localización

Logos

 


Local de Ensaio

Sala acondicionada para o ensaio de grupos ou solistas de calquera estilo musical. Este espazo conta con equipo de son e instrumentos básicos para ensaios.


Músicos no local de ensaios

Nestes intres, o Servizo de Xuventude do Concello de Vigo conta con dous locais:

1- Na Casa da Xuventude (López Mora, 31).

2- No Espazo Xove do Castro (ao carón da pista de bicicletas).


A quen está dirixido

Mozos e mozas de entre 12 e 30 anos. Máis concretamente, grupos e/ou outro tipo de formacións musicais (cantautores, dúos, bandas, etc.) que precisen dun local para realizar os seus ensaios.

Como facelo


Por Internet

Cubrirase o formulario anexo e remitirase por correo electrónico a xuventude@vigo.org , á atención de Local de Ensaio. Considerarase a solicitude e pasará a formar parte da lista de espera. Chegado o momento de ter dispoñibilidade de espazo nalgún dos locais, pedirase máis información e concretaranse datas e demais detalles cos interesados/as.


Presencialmente

Cubrirase o formulario anexo e presentarase na Casa da Xuventude. Considerarase a solicitude e pasará a formar parte da lista de espera. Chegado o momento de ter dispoñibilidade de espazo nalgún dos locais, pedirase máis información e concretaranse datas e demais detalles cos interesados/as.


Por correo

Cubrirase o formulario anexo e remitirase á Casa da Xuventude. Considerarase a solicitude e pasará a formar parte da lista de espera. Chegado o momento de ter dispoñibilidade de espazo nalgún dos locais, pedirase máis información e concretaranse datas e demais detalles cos interesados/as.


Prazos

Cando un grupo se dá de baixa, outro desta lista pasa a formar parte dos que ensaian nos locais. Para isto localízase, a través do contacto, aos seguintes na lista por estrita orde de entrada.


Sancións

No caso de fallar aos ensaios dúas veces sen previo aviso, o horario destinado ao grupo ou individuo en cuestión, pasará a estar dispoñible para outra persoa ou grupo da lista de espera.


Documentación requirida

Solicitude do local de ensaios musicais


Observacións

- Ademais de poder acceder aos locais de ensaio, ao realizar a solicitude recibirase información gratuíta (presencial ou a través de correo electrónico) de temas relacionados co eido da música (concertos, concursos, cursos, etc.). No caso de non querer recibir información deste tipo, débese notificar por escrito á Casa da Xuventude.

Recomendacións para o uso do local de ensaio (elaborado coa participación dos grupos de música):

1. Procuraremos ter un nivel de son axeitado cando toquemos, por se os/as veciños/as non están para concertos neses momentos.
2. O mellor é que cada un/unha nos especialicemos no noso instrumento, xa que non hai ninguén mellor que un/unha mesmo/a para saber como coidalo.“Se son baixista toco o baixo”
3. Se decidimos fumar, farémolo fóra do local aproveitando un rato de descanso.
4. Utilizaremos a papeleira-paraugueiro, se os necesitamos.
5. Ó rematar de ensaiar tentaremos deixar os cables enrolados para que duren máis tempo.
6. Podemos utilizar o taboleiro de cortiza para poñer anuncios: compravendas, concertos, actividades, etc.
7. Lembrarémonos uns ós outros de deixar apagados os monitores, amplis e demais aparellos cando rematemos o noso ensaio e así evitaremos posibles accidentes.
8. Cando teñamos previsto faltar ó ensaio comunicarémolo o antes posible para que outro grupo poida utilizar o local no noso horario. Se decidimos non avisar nun par de ocasións enténdese que preferimos deixar o local a disposición doutro grupo no sucesivo.
9. Utilizaremos o chan para apoiar os pés, sempre mellor que as paredes, xa que o material co que están revestidas para insonorizar rompe con facilidade.
10. Sería aconsellable deixar o local como a nós nos gustaría atopalo.

Todos/as agradecemos a colaboración e implicación na conservación deste espazo. Gocémolo.