Espazo de xogos: Poñemos á vosa disposición varias salas acondicionadas para poder desenvolver unha morea de actividades no tempo de lecer. Tamén contamos co material imprescindible para o desenvolvemento destas actividades como mesas, cadeiras, estantes, taboleiros de cortiza, libros, xogos e xoguetes.

Actividades: Mensualmente elaboramos unha programación con novas actividades para que poidades pasárvolo ben ó tempo que aprendedes.
Información e asesoramento: Facilitamos información sobre actividades e temas de ocio e tempo libre nas ludotecas. Tentamos facer unha atención personalizada polo que, dependendo do número e tipo de demanda, ás veces teremos que recorrer ó sistema de concertar citas previas.
Para nenos e nenas de entre 4 e 12 anos.
Para formalizar a inscrición acudirá coa solicitude cumprimentada e a documentación requirida ás ludotecas desexadas.
Servizos permanentes durante todo o ano.
Ficha de Inscrición - Autorización
Ficha Médica
2 fotos
Regulamento interno asinado polos pais ou titores
Fotocopia da Tarxeta Sanitaria da Seguridade Social ou do seguro privado do/a neno/a
E calquera outro informe que se solicite.