
Todo o que necesitas saber sobre rotas, campos de traballo, sendeirismo, campamentos, albergues, turismo rural , viaxes ó estranxeiro, carné xove e outro tipo de carnés, deportes de aventura, cursos de idiomas no estranxeiro...
Seguro que nalgún momento precisaches información sobre ocio e tempo libre.
Aquí, unha técnica de información xuvenil atenderate e asesorará persoalmente para facilitarte a planificación da túa viaxe tanto para conquerir o aloxamento desexado como para asegurar un transporte adecuado as túas posibilidades. Neste servizo calquera cuestión relacionada co turismo e co ocio e tempo libre será contestada e documentada.
Para calquera persoa interesada en resolver dubidas sobre turismo e ocio, sexa de Vigo ou de fóra da cidade.
En López Mora, 31. 36211 Vigo. Na planta baixa.
Turismo.xuventude@vigo.org