
Para orientar e asesorar aos/ás interesados/as en participar nun programa europeo que se chama Servizo de Voluntariado Europeo e que consiste básicamente en realizar un voluntariado nunha organización dun país estranxeiro.
Informarémosche dos requisitos, condicións e países nos que podes facelo. E sobre todo, acompañarémosche no proceso para xestionar a túa solicitude no caso de querer participar no programa..
Dirixido a mozos e mozas entre 18 e 25 anos de idade, ambos inclusive.
Martes na Casa da Xuventude ( López Mora, 31) de 18 a 20.00hs e Mércores no Punto Xove ( López de neira, 27 ) de 18 a 20.00hs