cabeza
  NOVAS PRESENTACIÓN ÁREA DE PRENSA AXENDA GRUPOS CONTACTO LIGAZÓNS
 
myspace
youtube
pdf del mes
pdf domes


Calendario de concertos

ENQUISA
¿Qué che parece esta iniciativa da Concellaría de Xuventude para o lanzamento dos grupos musicais da cidade?

Moi positiva 80%

Está ben 11.1%

Insuficiente 8.9%

Innecesaria 0%

NS / NC 0%




Os Castroconcertos en vídeo!

-Na canle oficial en Youtube dos Castroconcertos colgaranse todos os vídeos con fragmentos de todas as actuacións.

Aquí tedes dous dos vídeos do Castroconcerto do sábado 10 de maio:

MUTILADOS DA PIROTECNIA (Punk Rock)



FALCATRUADA (Punk Rock)

Publicado por castroconcertos 12-05-2008


O público respalda a primeira fin de semana de Castroconcertos

·Arredor de 250 mozas/os desfrutaron dos dous primeiros concertos da VI edición dos Castroconcertos.

·O venres 2 de maio actuou o colectivo de rap Track Asedio e o sábado 3 foi o turno dos cantautores Chun Li e Juanjo Ares.

Vigo, luns 5 de maio de 2008.- A pasada fin de semana principiou a sexta edición dos Castroconcertos, unha iniciativa do programa de lecer alternativo "Súbete ó Castro" da Concellaría da Xuventude do Concello de Vigo, que pretende servir de plataforma de lanzamento para os grupos de músicos afeccionados/as.

Os dous concertos celebrados esta fin de semana tiveron lugar no escenario sito fronte a pista de bicicletas do Parque de O Castro, dando comezo as actuacións ás 23h.

RAP
O venres 2 de maio tivo lugar un interesante espectáculo de rap a cargo do colectivo TRACK ASEDIO composto por: ANTUAN, DJ FABIO, DJ B-NEIL, Dr. VALDA, DIKEITY, DUKE SAM, que contou coa asistencia de 150 persoas que vibraron coas letras rapeadas durante duas intensas horas, coa rotación dos 4 MCs e dos 2 DJs.

MÚSICA DE AUTOR
Pola contra o sábado 3 de maio deu paso á música de autor, coa actuación dos cantautores CHUN LI e JUANJO ARES, que deron mostra do seu bo facer musical diante de preto de 100 asistentes.

PRÓXIMOS CONCERTOS
O venres 9 de maio, os Castroconcertos voltarán a soar a rap a cargo de: 314, KAHN- ARIO, DR. VAL, REUNIONE, NOSTRADAMUS, e unha exhibición de grafittis a cargo de SAX.

O sábado 10, será o turno do punk rock, coas actuacións de MUTILADOS DA PIROTECNIA e FALCATRUADA.

Publicado por castroconcertos 06-05-2008


150 persoas vibraron co primeiro Castroconcerto

Este primeiro concerto resultou nun espectáculo co mellor Rap a cargo do colectivo Track Asedio .

Foto  concerto Track Asedio

A VI edición dos Castroconcertos arrancou cunha positiva resposta por parte do público. Arredor de 150 mozas/os desfrutaron das actuacións en directo e ao ar libre dos compoñentes do colectivo rapeiro Track Asedio.

Actuaron:
-ANTUAN
-DJ FABIO
-DJ B-NEIL
-Dr. VALDA
-DIKEITY
-DUKE SAM

O Parque de O Castro soou a rap, dende as 23h ate pasada a 1:00h.

Podese ver unha selección de fotografías do concerto no My Space dos Castroconcertos , e visualizar algúns dos vídeos na canle oficial en Youtube .

Publicado por castroconcertos 03-05-2008


A concelleira de xuventude, Iolanda Veloso, presenta os Castroconcertos en rolda de prensa.

·Con 34 concertos gratuítos ao ar libre os venres e sábados á noite, dos meses de maio, xuño, xullo, agosto e setembro.

·68 grupos de diferentes estilos musicais, fundamentalmente de xente moza, subiranse ao escenario dos Castroconcertos.

Fotografía da Rolda de Prensa

Vigo, luns 28 de abril de 2008.- Unha das principais liñas de actuación do programa de lecer xuvenil alternativo "Súbete ó Castro" da Concellaría de Xuventude é a relacionada coa música, cunha ampla oferta de cursos gratuítos de formación musical ademais de ser sé dun dos locais de ensaio municipais. Así o sinalou a concelleira de xuventude, Iolanda Veloso, na rolda de prensa celebrada no día de hoxe.

Como culminación desa liña de promoción da enerxía creativa da xente moza de Vigo, o programa "Súbete ó Castro" lanza a iniciativa dos Castroconcertos, que no presente ano 2008 celebrarán a súa sexta edición.

"Os Castroconcertos pretenden servir de plataforma de lanzamento da creación musical da mocidade viguesa ofrecendo a oportunidade de actuar en vivo aos grupos afeccionados" afirmou Iolanda Veloso, ao tempo que informaba de que "nos Castroconcertos teñen cabida todos os estilos musicais, dende o hip-hop até o death metal pasando pola música experimental ou o jazz".

Nas últimas cinco edicións (2003-2007) realizáronse unha media de 16 concertos por edición, cunha asistencia total global de 5719 persoas. Na presente edición 2008 están previstos 34 concertos, que farán que arredor de 68 grupos se suban ao escenario.

Os concertos desenvolveranse durante os meses de maio, xuño, xullo, agosto e setembro, nas noites dos venres e sábados, a partir das 23:00h no escenario situado fronte á pista de bicicletas do Parque de O Castro.

O primeiro concerto terá lugar o vindeiro venres 2 de maio coas actuacións de TRACK ASEDIO (rap), Duke Sam, Dikeity, Dr. Valda, Dj B-Neil, Dj Fabio, e Antuán.

A axenda de todos os concertos do mes de maio xa está colgada na web oficial dos Castroconcertos, que foi tamén presentada oficialmente, no enderezo www.castroconcertos.org, onde haberá información permanentemente actualizada.

Publicado por castroconcertos 29-04-2008


O venres 2 de maio arrinca a VI edición dos Castroconcertos.

Cun espectáculo de RAP a cargo de varios DJs, a partires das 23:00h.

Podes consultar a axenda completa neste sitio web.

Vigo, venres 25 de abril de 2008.- A VI edición dos Castroconcertos comezará o vindeiro venres 2 de maio, cun espectáculo de RAP a cargo de diferentes Djs.

Arrinca así a serie de concertos que se celebrarán as noites dos venres e sábados, a partires das 23:00h, dos meses de maio, xuño, xullo, agosto e setembro, e na que está prevista a participación dun total de 68 grupos musicais de xente moza.

Rap, new age, pop rock, metal , Punk rock, blues-folk, progresivo... serán os estilos musicais que soarán nos 9 concertos que se celebrarán o mes de maio, dos que terás máis información na sección axenda deste sitio web.

Xa queda menos!

Publicado por admin 25-04-2008


Máis resultados:  1 2 >