| |
01
ao
14 |
Destinos |
Mónica Carril |
Mónica Carril Bolívar nace en Caracas, Venezuela, e é nese país onde realizou os seus estudos de Deseño Gráfico, Debuxo e Pintura. Realiza as primeiras exposicións no seu país de orixe pero é no ano 2007 cando comeza a amosarnos o seu traballo. Nesta mostra reúnense cadros ao óleo de grande realismo cuxo tema principal son "As maletas", que segundo a propia autora somérxenos cada unha nunha historia en particular, historias de viaxes, traslados e cambios; tema de gran actualidade e interese no mundo enteiro. |
 |
 |
| |
21
ao
06 |
Rastros |
Oscar Lorenzo |
Colección de obras onde as pinceladas deixan o seu rastro a modo de enigma, igual ca unha pequena celebración do descoñecido. Rúas desertas na escuridade, imaxes crepusculares onde o artista rexistra o espazo no lenzo coma un detective na procura da pincelada exacta, xogando cos volumes e as distancias |
 |
 |