| |
28
ao
09 |
Ideas en Imaxes |
Patricia Pinedo |
O que intento é buscar algunha unión inconsciente a través dos sentimentos que todos os seres humanos temos. Eu polo menos sei que, cando elixes unha cousa e non outra, cando te levas ben cunhas persoas e con outras non xurde nada nin sequera forzándoo, cando unha rapaza me gusta e outra me é indiferente, sei que hai unha parte inconsciente dentro de nós que nos domina moito máis do que nós cremos. Iso é o que me gustaría intentar retratar. Algo que vai máis alá da simple imaxe ou pintura que está en todas as cousas e todos os seres vivos. O MISTERIO. |
 |
 |
| |
12
ao
27 |
Unha Opción De Futuro |
Wayra |
Con esta obra quero mostrar as cousas que me gustan como a natureza, o baile, a paz e as que non me gustan como a guerra e a contaminación.
A exposición fágoa separándoa en dúas partes: Na primeira parte, coa axuda dos meus pais, fixen seis traballos nos que usei rotuladores, ceras, pinturas, fotografía e recortes de revista. Utilizamos liñas e puntos para colorear os debuxos e coas fotos e os recortes fixemos collage.
Na segunda parte fago o mesmo pero sen a axuda dos meus pais. |
 |
 |