Documentación sobre o Punto Xove

Punto Xove

 



Súbete ó Castro

Súbete ó Castro

Xullo - Agosto - Setembro



Musica

Locais ensaio

Descarga PDF



Foro da casa da Xuventude

Foro

Anuncios, actualidade...



Infobús


Que é?

Unha oficina móbil de información xuvenil con persoal técnico cualificado para asesorar e orientar aos/ás interesados/as en saber.

Nace co fin de descentralizar os servizos de información xuvenil da Casa e coa intención de achegarse dun xeito periódico, aos centros de ensinanzas medias do Municipio de Vigo e, tamén, a todas aquelas entidades de interese xuvenil que así o solicitaran previamente.

Vista frontal do InfoBus

Realízase unha dobre misión: Difundir a información e achegarse á mocidade que está a estudar. Aprovéitanse os tempos dos descansos matutinos e organízanse ademais charlas de presentación previamente concertadas dentros dos propios centros. De feito, nas derradeiras visitas profundizamos na colaboración imprescindible cos orientadores/as de cada centro de ensinanza.

Ademais quizáis alguén o coñece de vista porque todas as semanas adoitaba colocarse nalgún lugar céntrico da cidade co fin de darlle a mellor publicidade posible. No príncipe, no Sereo, nas Travesas...

Así que cando o vexades. Non vos cortedes e subide.


Para saber máis

No caso de estar interesados/as tanto a nivel individual como se sodes unha entidade ou colectivo, podedes poñervos en contacto connosco:

Casa da Xuventude no tfno 986.294806 e/ou no Punto Xove no tfno 986.223004.

Remitindo un fax explicando e a solicitude dunha visita do Infobús ao fax 986.294934

Remitindo un escrito explicando e detallando a cuestión aos correo electrónicos xuventude@vigo.org e puntoxove@vigo.org poñendo no encabezado A/A Infobús.