Documentación sobre o Punto Xove

Punto Xove

 



Súbete ó Castro

Súbete ó Castro

Novembro 08



Musica

Locais ensaio

Descarga PDF



Foro da casa da Xuventude

Foro

Anuncios, actualidade...



Locais de Ensaio

Sala acondicionada para o ensaio de grupos ou solistas de calquera estilo musical. Este espazo conta con equipo de son e instrumentos básicos para ensaios.

Local de ensaios sito no espcio do Castro


Onde está?

No Espazo Xove do Castro (ao carón da pista de bicicletas).

A quen está dirixido

Mozos e mozas de entre 12 e 30 anos. Máis concretamente, grupos e/ou outro tipo de formacións musicais (cantautores, dúos, bandas, etc.) que precisen dun local para realizar os seus ensaios.


Como facelo


Por Internet

Cubrirase o formulario anexo e remitirase por correo electrónico a xuventude@vigo.org , á atención de Local de Ensaio. Considerarase a solicitude e pasará a formar parte da lista de espera. Chegado o momento de ter dispoñibilidade de espazo nalgún dos locais, pedirase máis información e concretaranse datas e demais detalles cos interesados/as.


Presencialmente

Cubrirase o formulario anexo e presentarase na Casa da Xuventude. Considerarase a solicitude e pasará a formar parte da lista de espera. Chegado o momento de ter dispoñibilidade de espazo nalgún dos locais, pedirase máis información e concretaranse datas e demais detalles cos interesados/as.


Por correo

Cubrirase o formulario anexo e remitirase á Casa da Xuventude. Considerarase a solicitude e pasará a formar parte da lista de espera. Chegado o momento de ter dispoñibilidade de espazo nalgún dos locais, pedirase máis información e concretaranse datas e demais detalles cos interesados/as.


Prazos

Cando un grupo se dá de baixa, outro desta lista pasa a formar parte dos que ensaian nos locais. Para isto localízase, a través do contacto, aos seguintes na lista por estrita orde de entrada.


Sancións

En caso de fallar aos ensaios dúas veces sen previo aviso, o horario destinado ao grupo ou individuo en cuestión, pasará a estar dispoñible para outra persoa ou grupo da lista de espera.


Documentación requirida

Solicitude do local de ensaios musicais


Observacións

Ademais de poder acceder aos locais de ensaio, ao realizar a solicitude recibirase información gratuíta (presencial ou a través de correo electrónico) de temas relacionados co eido da música (concertos, concursos, cursos, etc.). En caso de non querer recibir información deste tipo, débese notificar por escrito á Casa da Xuventude.

Recomendacións para o uso do local de ensaio (elaborado coa participación dos grupos de música):


1. Procuraremos ter un nivel de son axeitado cando toquemos, por se os/as veciños/as non están para concertos neses momentos.

2. O mellor é que cada un/unha nos especialicemos no noso instrumento, xa que non hai ninguén mellor que un/unha mesmo/a para saber como coidalo.“Se son baixista toco o baixo”

3. Se decidimos fumar, farémolo fóra do local aproveitando un rato de descanso.

4. Utilizaremos a papeleira-paragüeiro, se os necesitamos.

5. Ó rematar de ensaiar tentaremos deixar os cables enrolados para que duren máis tempo.

6. Podemos utilizar o taboleiro para poñer anuncios: compravendas, concertos, actividades, etc.

7. Lembrarémonos uns ós outros de deixar apagados os monitores, amplis e demais aparellos cando rematemos o noso ensaio e así evitaremos posibles accidentes.

8. Cando teñamos previsto faltar ó ensaio comunicarémolo o antes posible para que outro grupo poida utilizar o local no noso horario. Se decidimos non avisar nun par de ocasións enténdese que preferimos deixar o local a disposición doutro grupo no sucesivo.

9. Utilizaremos o chan para apoiar os pés, sempre mellor que as paredes, xa que o material co que están revestidas para insonorizar rompe con facilidade.
10. Sería aconsellable deixar o local como a nós nos gustaría atopalo.
Todos/as agradecemos a colaboración e implicación na conservación deste espazo. Gocémolo.