Documentación sobre o Punto Xove

Punto Xove

 



Súbete ó Castro

Súbete ó Castro

Xullo - Agosto - Setembro



Musica

Locais ensaio

Descarga PDF



Foro da casa da Xuventude

Foro

Anuncios, actualidade...



Ludotecas


Que é?

Son espazos lúdico-educativos que empregan o xogo e o xoguete para procurar o desenvolvemento integral das nenas e dos nenos.
Nestes espazos ofertámosche:
Grande cantidade e variedade de xoguetes e materiais lúdicos, axeitados ás idades e características dos e das rapaces e rapazas.
Un proxecto socio-educativo que é a base do noso traballo e
un equipo de profesionais do ámbito social, educativo e do lecer.

Unhas das ludotecas da casa da xuventude

Ludotecas para Nenos e Nenas

Espazo de xogos: Poñemos á vosa disposición varias salas acondicionadas para poder desenvolver unha morea de actividades no tempo de lecer. Tamén contamos co material imprescindible para o desenvolvemento destas actividades como mesas, cadeiras, estanterías, taboleiros, libros, xogos e xoguetes.
Actividades: Mensualmente elaboramos unha programación con novas actividades para que poidades pasárvolo ben ó tempo que aprendedes.
Servizo de préstamo: Prestámosvos libros, xogos e xoguetes tanto para empregar nas nosas instalacións como para que poidades levar para casa.
Información e asesoramento: Facilitamos información sobre actividades e temas de ocio e tempo libre nas ludotecas. Tentamos facer unha atención personalizada polo que, dependendo do número e tipo de demanda, ás veces teremos que recorrer ó sistema de concertar citas previas.


A quen está dirixido

Para nenos e nenas de entre 4 e 12 anos. Importante comprobar a idade según cada ludoteca.


Como facelo


Presencialmente

Para formalizar a inscrición acudirá coa solicitude cumprimentada e a documentación requirida ás ludotecas desexadas.

Prazos

Servizos permanentes durante todo o ano.


Documentación requirida

Ficha de Inscrición - Autorización
Ficha Médica
- 2 fotos
- Regulamento interno asinado polos pais ou titores
- Fotocopia da Tarxeta Sanitaria da Seguridade Social ou do seguro privado do/a neno/a
- E calquera outro informe que se solicite.

 

Ludoteca da Casa da Xuventude

Idade: De 7 a 12 anos
Horarios: Luns a venres. De 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 20:30 (a partir do 9 de setembro só tardes)
Rúa Lopez Mora, 31

Teléfono: 986 294 806

ludocasadaxuventude@vigo.org

 

Ludoteca de Coia

Idade: De 7 a 12 anos
Horarios: Luns a venres. De 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 20:30 (a partir do 9 de setembro só tardes)
Pavillón de Coia, Avda castelao s/n

Teléfono: 986 242 737

Ludocoia@yahoo.es


Ludoteca de Lavadores

Idade: De 6 a 12 anos
Horarios: Luns a venres. De 16:30 a 20:30
AVV Lavadores, Ramón Nieto 302
Teléfono: 986 379 618


Ludoteca de Hoxe por Mañá

Idade: De 4 a 10 anos
Horarios: Luns a venres. De 17:00 a 20:00
Sagunto, 86
Teléfono: 986 261 098 - Fax: 986 261 229

www.hoypormanana.org
hoypormanana@hotmail.com


Ludoteca de Coruxo

Idade: De 7 a 12 anos
Horario: Luns a venres. De 16:30 a 20:00
Colexio A Paz Tintureira
Teléfono: 986 294 806

ludotecadecoruxo@yahoo.es