Documentación sobre o Punto Xove

Punto Xove

 



Súbete ó Castro

Súbete ó Castro

Xullo - Agosto - Setembro



Musica

Locais ensaio

Descarga PDF



Foro da casa da Xuventude

Foro

Anuncios, actualidade...



Punto Xove


Que é?

Un novo espazo coa pretensión fundamental de achegarnos á mocidade de Vigo a través da creación dun novo servizo situado no mesmo centro da cidade. Queremos incrementar as vías de intercambio e colaboración entre a mocidade e as institucións municipais. Así mesmo intentaremos colaborar no fomento da participación ofrecéndolles asesoramento e información en temas acordes cos seus intereses e as súas inquedanzas.

Vista Frontal do Punto Xove

Este espazo está dividido en dúas plantas. Na primeira está situada unha oficina de información e asesoramento xuvenil con persoal técnico especializado e unha zona de autoconsulta e demanda informativa. Na segunda planta estan situados un servizo de acceso gratuíto a internet con equipamento de última xeración e unha sala multiusos pensada para as entidades e particulares interesados en realizar unha exposición, unha actividade formativa...

Interior do Punto xove

Que ofrece?

Información e asesoramento

Contacta con nós para estar informado daqueles temas de interese para TI: estudos, ocio e tempo de lecer, traballo, turismo, deportes, campos de traballo, voluntariado e asociacionismo,actividades culturais, sexualidade, transportes....
Ademais para estar ao corrente de todas as novas, contamos con paneis informativos e boletíns que fan referencia a temas moi interesantes: cursos e xornadas, bolsas e axudas, viaxes, eventos deportivos e culturais, (concertos, partidos, cine, teatro, ...) ofertas de emprego, premios e concursos...

Interior do Punto xove

Acceso libre a internet+conexión wiffi

Durante 1 hora diaria TI podes facer uso deste servizo. Pónte ao día nas tecnoloxías!!!

Normas


Espazo artístico

- Dá a coñecer as TÚAS expresións culturais e artísticas.
- Exposicións de pintura, fotografía...
- Proxeccións de Audiovisuais


Sala multiusos

Participa das diferentes actividades :

- actividades de Noites e Tardes Vivas

- sala de lectura, realización de traballos académicos...

- sala de estudo diúrna e nocturna ( en período de exames)


Onde está?

Rúa López de Neira 27. (preto da rúa Principe)
36.202 Vigo
Teléfono: 986 22 30 04
puntoxove@vigo.org

Podes atoparnos no seguinte horario:

Luns a Venres de 9:30 a 14 hs e
Luns a Xoves de 17 a 20 hs.