Espazo xuvenil e punto de encontro no que atoparedes as novas tecnoloxías ó voso alcance, internet, chat e xogos en rede, ademais dunha formación básica en temas de informática, páxinas web e tratamento de imaxes. Abertos ás vosas suxestións propómosvos obradoiros, actividades musicais, cursos, concertos e ofrecémosvos a posibilidade de” darvos a coñecer” na nosa páxina web, onde ademais podedes atopar información.

Podes participar en calquera dos cursos cuadrimestrais que ofrece o programa, que están estruturados en tres bloques:
Agrupa os cursos relacionados coa música, tais como:
Vogalista.
Teclado.
Batería.
Baixo Eléctrico.
Guitarra Eléctrica.
Pandeireta.
Se te gostan as artes escénicas e o baile, podes escoller entre:
Danza Oriental.
Iniciación Break Dance.
Teatro.
Ás/aos mozas/os interesadas/os na informática e as novas tecnoloxías teñen as seguintes opcións:
Mecanografía.
Open Office 2.3
Cursos específicos relacionados con aplicacións de software libre ou mantemento informático.
Para participar en calquera curso tan só é preciso inscribirse cubrindo un formulario no Espazo Xove de O Castro. A inscrición está aberta de setembro a marzo. As prazas son limitadas.
Poñemos ao teu dispor dúas videoconsolas Wii para que vivas unha verdadeira experiencia interactiva. Tamén se desenvolven competicións de Xogos en Rede ao longo de todo ano.
O ciber está equipado así mesmo con dúas alfombras de baile para xogar ao STEPMANÍA, famoso xogo do tipo Dance Dance Revolution. Karaoke e o simulador de guitarra Frets on Fire completan a oferta de servizos tecnolóxicos.
Se ti ou un grupo de amigas/os tedes unha idea ou un proxecto e non sabedes como levalo adiante, podemos axudarte, xa que dende o programa ofrecemos gratuítamente:
Espazo: para poder reunirvos, densenvolver actividades, empregando as nosas instalacións.
Asesoramento: para constituir unha asociación, buscar financiamento...
Se sodes un colectivo/asociación xuvenil podedes concertar cita para o servizo de Asesoramento para Asociacións Xuvenís (consultade no folleto da programación o horario).
Aquí poderedes atopar información actualizada sobre diversas actividades de carácter xuvenil que se están a realizar en Vigo no noso Punto de Información Xuvenil. Doutra banda o Punto de Información sobre Software Libre, ofrécevos a oportunidade de coñecer o último en aplicacións libres.
Cada bimestre editase unha nova programación de actividades que poden incluír obradoiros, cursos, campionatos, actividades ao ar libre, concertos... Consulta o folleto da programación.
Podes facer uso das nosas instalacións para: ler revistas ou cómics, debuxar, decorar ou crear (no Espazo Artístico Libre), xogar (ao tenis de mesa, aos dardos, a xogos de mesa...), para escoitar música ou simplemente falar e quedar con outras/os mozas/os coma ti.
O programa “Súbete ó Castro” está aberto practicamente durante todo o ano, de luns a sábado. Os seus horarios son:
(do 1 de outubro ao 30 de xullo) De luns a xoves de 17 a 21h. Venres de 17 a 23h. Sábados de 12 a 14h e de 17 a 23h.
(do 1 de xullo ao 30 de setembro) De luns a xoves de 18 a 22h. Venres de 17 a 1h. Sábado de 17 a 1h.
No Monte de O Castro
Paseo dos cedros S/N (a carón da pista de bicis)
CONTACTO:
Podes poñerte en contacto co programa a través dos seguintes medios:
Teléfono: 986 48 55 41.
Correo electrónico: cibercastro@xuventudevigo.org