Bad URLs in your HTML code prevented the banner from loading successfully.
You can get this error if you published a banner on your disk and then uploaded the banner files manually, or with your web site editor. Chances are that either your HTML code or banner file (bz.js) still make reference to content that is on your disk.
To find out how to resolve this issue, click here
Facilitar aos cidadáns e cidadás de Vigo outra alternativa nos seus desprazamentos, tendo en conta medidas de desenvolvemento sostible na mobilidade.
Diminuír a contaminación e o consumo enerxético producido polos vehículos privados.
Mellorar a utilización do espazo público.
Contribuír a optimizar os recursos económicos da nosa xuventude a través do aforro e favorecendo, así mesmo, o intercambio relacional.
Moi sinxelo, a través dunha completa busca segundo o interese e circunstancias persoais que deben reflectirse na sección de rexistro e que garanten a seriedade e confidencialidade necesarias. (Ver política de privacidade e condicións de uso)
Unha vez que atopas unha persoa que se adapta ao teu interese, poderaste poñer previamente en contacto para coñecer máis profundamente as súas afeccións e hobbies... Ver exemplo
As buscas están divididas por áreas de interese pensando no colectivo xuvenil: Traballo, Universidade e outros lugares, que inclúe calquera destino do planeta pero que presta especial atención á zona do Municipio de Vigo, pensando na multitude de persoas que poidan estar interesadas en compartir coche e destino. Ver exemplo de Traballo e Universidade
En todo caso, existe, en tódalas seccións de busca, un criterio engadido a maiores que permite localizar destinos que non aparezan nos detallados.
Desta maneira se pretenden cubrir tódalas posibilidades de busca.
Entra na web e compróbao