Bad URLs in your HTML code prevented the banner from loading successfully.
You can get this error if you published a banner on your disk and then uploaded the banner files manually, or with your web site editor. Chances are that either your HTML code or banner file (bz.js) still make reference to content that is on your disk.
To find out how to resolve this issue, click here
É ben coñecido o feito de que a música está intimamente ligada á poboación xuvenil e incluso existen estudios que analizan estas dúas variables (música e xuventude). Son, precisamente os mozos e mozas os que realizan un maior consumo de produtos relacionados co eido da música, chegando incluso a influír na súa forma de ser e de relacionarse.
Tendo en conta esta premisa, e contando ademais coa tradición musical da nosa cidade, a Concellería de Xuventude de Vigo trazouse a tarefa de implicar ós mozos e mozas da cidade nun proxecto feito por e para eles/elas mesmos, onde, ademais de facilitar e apoiar as iniciativas musicais no tempo de lecer, sexa un espazo de encontro e formación que fomente a participación activa.
As actividades a desenvolver dentro deste programa son múltiples e variadas, debido á súa intencionalidade de apoiar iniciativas xuvenís e, ó mesmo tempo, pretender un proxecto integral. Así pois, podemos destacar as seguintes:
a) Locais de ensaio onde os grupos e/ou outro tipo de formacións musicais (cantautores, dúos, bandas, etc.) poidan ensaiar, compoñer os seus temas e perfeccionar o seu estilo.
Nestes intres, a Concellería de Xuventude conta con dous locais (un na Casa da Xuventude e outro no Espazo Xove do Castro) que funcionan todo o ano, agás no mes de agosto.
b) Cursiños, en horarios alternativos, dalgunhas especialidades moi solicitadas: guitarra eléctrica, percusión, baixo, etc.
c) Información:
- Información e asesoramento personalizado sobre temas relacionados coa música como cursos, concursos, actuacións, contactos, etc.
- Autoconsulta: información actualizada na páxina web da Concellería de Xuventude, así como nos paneis situados nos locais de ensaio e nas carpetas de autoconsulta da Casa da Xuventude.
- Contactos a través de correo electrónico ou vía telefónica para informacións puntuais.
d) Promoción:
Guía de grupos noveis de Vigo na páxina web da Concellería de Xuventude (www.xuventudevigo.org) de xeito que calquera entidade e/ou particular que o desexe poida coñecer aos grupos e contactar directamente con eles.
Concertos ao aire libre, co obxecto de que os grupos noveis teñan unha oportunidade de amosar o que están a facer, darse a coñecer na cidade ou simplemente ter a oportunidade de subirse por primeira vez a un escenario cun público diante.
Gravacións de maquetas a aqueles grupos que están preparados para actuar, participar en concursos, etc.
e) Concurso de maquetas: Esta é unha iniciativa presentada polos grupos de música noveis da cidade e que pretende ser un punto de referencia para todos aqueles mozos e mozas que gozan coa música.