Bad URLs in your HTML code prevented the banner from loading successfully.
You can get this error if you published a banner on your disk and then uploaded the banner files manually, or with your web site editor. Chances are that either your HTML code or banner file (bz.js) still make reference to content that is on your disk.
To find out how to resolve this issue, click here
Se queredes facer algo distinto nas fins de semana, se non tendes onde quedar cos amigos e amigas, se queredes coñecer xente nova, .... Tardes e Noites Vivas é unha proposta de ocio alternativo e de calidade, que se desenvolve durante as tardes e noites das fins de semana en distintos puntos da cidade, e que conta cun amplo abano de actividades (lúdicas, deportivas, culturais, formativas, etc.) dirixidas especialmente ao público xuvenil.

Esta iniciativa tenta tamén abrir un novo camiño para que os mozos e mozas pasen de ser unicamente destinatarios de ofertas de consumo de ocio a ser os verdadeiros protagonistas do seu ocio. Así pois, todos os mozos e mozas de Vigo estades convidados a participar, tanto nas actividades coma na definición e realización da programación, ben sexa a nivel particular ou ben a través das agrupacións e/ou asociacións xuvenís.

Tardes e Noites Vivas adoita realizarse en dúas edicións ao longo do ano: unha en primavera (marzo-abril-maio) e outra en outono (outubro-novembro e decembro).
Con respecto das actividades, trátase de ofertar un gran abano de posibilidades de xeito que calquera mozo ou moza poida atopar algunha do seu agrado. Normalmente poden agruparse nos seguintes grandes bloques:
- Actividades lúdicas: amenas e divertidas, con moito atractivo e que mobilizan a un número importante dos asistentes. Exemplos deste bloque poden ser: diferentes tipos de bailes (latinos, moderno, funky, breakdance, danzas orientais, etc.), xogos de rol e estratexia, torneos de dardos, ...
- Actividades deportivas e xogos: Pódense realizar espontaneamente (pachangas) ou de forma organizada. Baloncesto mixto, fútbol, patinaxe, skate, ping-pong, xogos tradicionais, aeróbic, musculación, squash, tai-chi, ioga, etc.
- Obradoiros: Cociña, cócteles sen alcohol, xabóns artesanais, grafoloxía, coiro, tatuaxes de henna, estilismo, abelorios, encadernación, etc.
- Acceso ás novas tecnoloxías: acceso a internet, chat, messenger, bluetooth, conexión wifi, cursos de nocións básicas (internet, ofimática, deseño de páxinas web, etc.), xogos na rede, etc.
- Actividades culturais: cine, teatro, concurso de monólogos, obradoiros literarios, concertos, obradoiros de música tradicional, etc.
- Espazos para quedar: Preténdese poñer á disposición dos mozos e mozas algúns espazos que poidan ser punto de encontro e reunión. As actividades a desenvolver nestes espazos serán libres, coa única limitación das instalacións. Algúns exemplos do que se pode realizar nestes espazos son: futbolín, ping-pong, xogos de mesa, dardos electrónicos, cómics, xogos de enxeño, rastro (intercambio de obxectos), etc.
Se queredes realizar algunha proposta de actividade, facer algunha suxestión, ou sinxelamente ter máis información, podedes contactar con:
- Casa da Xuventude (r/ López Mora, 31)
- Teléfono: 986 294 806
- Fax: 986 294 934
- Correo electrónico: xuventude@vigo.org