Imprimir PDF

 

Obxectivo

Dar a coñecer a xuventude viguesa todos aqueles recursos que están a súa disposición e, a través deste coñecemento, facilitar a igualdade de oportunidades entre o colectivo mozo. Si coñecen a existencia dun recurso ( Axudas, cursos, ofertas de emprego...) poderán utilizalo según a súa vontade.

Consiste nunha charla de grupo, apoiada en recursos audiovisuais e materiais, que describirá - de xeito sintético e á demanda das cuestións do propio grupo- os diversos recursos municipais que ofrecemos a nosa mocidade.

charlainstitutos

Os/as destinatarios das charlas son preferentemente os/as xoves que cursen 4º da ESO e PCPI e últimos cursos de ciclos formativos e bacharelato.

Este breve obradoiro podemos realizalo nos espazos da Concellería, ou nos espazos dos vosos centros. No caso de que vos desplacedes aos espazos da Concellería o transporte non está incluído. E os días nos que se pode realizar a charla nos propios centros serán necesariamente os martes e/ou xoves.

O calendario se elaborará segundo orden de chegada de peticións. Unha vez chegadas as solicitudes nos poremos en contacto con vos e conformaremos o calendario e os horarios.

No caso de estar interesados/as como entidades nesta inciativa, debedes consultar previamente o calendario tanto na Casa da Xuventude como no Punto Xove.