30 Xaneiro 2012
Contido: Resolución conxunta do 10 de xaneiro de 2012, da Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde e da Escola Galega de Administración Sanitaria, pola que se convocan cursos de formación continua para o persoal do Servizo Galego de Saúde.
Requisitos: Profesionais que presten ou prestasen servizos nas institucións do Servizo Galego de Saúde, os/as aspirantes a vinculacións temporais no ámbito das institucións do Servizo Galego de Saúde, ao abeiro do Pacto de selección temporal vixente en cada momento, así como o persoal pertencente ás fundacións públicas sanitarias ou empresas públicas adscritas á Consellería de Sanidade integrado no réxime estatutario.
As persoas interesadas en participar nas actividades formativas deberán cumprir os requisitos esixidos para cada curso.
Prazo:
- Para as accións formativas do primeiro semestre: do 1 ao 20 de febreiro de 2012
- Para as accións formativas do segundo semestre: do 1 ao 20 de xuño de 2012
Máis información: DOG 27/01/2012
www.fegas.es





