
Dinamización xuvenil
Desde a Concellaría de Xuventude traballamos para promover, apoiar e facilitar a realización das iniciativas do colectivo mozo: artísticas, culturais, formativas, musicais, deportivas, de lecer...
Se tes unha idea e non sabes como levala a cabo, non te quedes só co proxecto: aopiámoste para facelo realidade.
Como?
Ofrecendo gratuitamente: espazo para reunións e desenvolvemento de actividades, asesoramento para a constitución de asociacións, información concreta para materializar o proxecto, trámites necesarios, procura de financiamento e axudas.
Asesoramento a Asociacións Xuvenís
Para saber e resolver calquera dúbida sobre a vida dunha asociación: como constituírse, estatutos, financiamiento, aspectos legais, subvencións e axudas.
Casa da Xuventude:
Horario: de luns a venres de 9:30 a 14:00 horas.
E-mail :
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Punto Xove:
Horario: de luns a venres de 9:30 a 14:00 horas e de luns a xoves de 17:00 a 20:00 horas.
E-mail: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo




