Horario da Casa da Xuventude en febreiro
- DURANTE O MES DE FEBREIRO O HORARIO DE TARDE DA CASA DA XUVENTUDE SERÁ DE 17:00 A 20:00 H.
Autor: Implicadas no Desenvolvemento
Título da Obra: Auga para Etiopía
Datas: do 6 ao 24 de Febreiro do 2012 no Punto Xove
Contido: A exposición “Auga para Etiopía” reivindica a desigualdad na xestión da auga nos países do Sur, onde a carencia de auga non é un problema de carencia de recursos senón de distribución e uso.
Convoca: Concellería de Xuventude
Contido: Xa tedes a vosa disposición no Servizo de Turismo Xuvenil os novos folletos do Interrail con prezos do 2012, pasade a recollelos e se vos facilitará información e asesoramento sobre a vosa viaxe.
Máis Información: 986 29 48 06
Contido:
Convocar probas extraordinarias para a obtención do título de graduado en educación secundaria.
Contido: Convocatoria de contratación laboral temporal dun operario do servizo de alumeado público adscrito a Concellería de Medio Ambiente.
A duración do contrato será de 6 meses dende a sinatura do contrato de traballo cunha dotación económica de 1253,50 euros/mes incluida a prorrata de pagas extras.
CURSO DE CREACIÓN AUDIOVISUAL: graba o teu video, e aprende a utilizar os programas de edicición de software libre e a editalos. Apúntate, prazas limitadas!! Imparte: J. Conde, técnico de realización e director de tempo libre.
Datas: Do 20 ó 23 de Febreiro de 18 a 20h.
No mes de Febreiro comezamos os cursos de formación musical e artes escénicas:
- Guitarra, batería, técnica vocal e break dance. Duración: Do 13 de Febreiro a 16 de Xuño. 1h de clase á semana en grupos reducidos.
Contido: Bic Galicia organiza e imparte o seminario de motivación para a difusión da creación de empresas, para achegar aos asistentes á realidade do mundo da empresa, valorizar a figura do empresario e analizar o proceso que media entre a motivación, a xeración dunha idea e a súa conversión en empresa, destacando a importancia de elaborar un plano de viabilidade e dando a coñecer as ferramentas e axudas que teñen á súa disposición os emprendedores galegos.
Convoca: Teatro Ensalle
Contido: Os días 3 (22:00h.), 4 (22:00h.) e 5 (21:00h.), Teatro Ensalle ten programado Miniaturas. Confiando na cantidade de público ao que poida interesarlle a proposta a función repetirá o próximo fin de semana. Ademáis o texto de la obra, escrito por Pedro Fresneda, foi publicado por Pliegos de Teatro y Danza de Aflera Producciones, i estará á venda no ambigú da sala.
O club de lectura é un grupo de persoas afeccionadas á lectura que se reunirá dúas veces ao mes (1º e 3º xoves de cada mes) na biblioteca para comentar e valorar un libro proporcionado pola propia biblioteca coa axuda dun coordinador. Non é preciso ser un experto lector para participar, o club está concibido para todas aquelas persoas con inquedanzas culturais, ganas de ler e de intercambiar ideas e opinións con outros lectores.
Inscricións ao longo do mes de outubro na biblioteca.
HORARIOS: ás 20:00h.
LUGAR: BIBLIOTECA Xosé Neira Vilas Avda. Martinez Garrido,21. Tlf: 986 267 609





