Dentro do primeiro trimestre de cada ano a Concellaría convoca o Programa Anual de Subvencións dirixidas ao fomento de actividades xuvenís.
Ditas subvencións pretenden apoiar e facilitar o desenvolvemento de programas de accións dirixidas por colectivos xuvenís, grupos de mozos e están destinadas ao colectivo novo do Municipio.
As actuacións obxecto de subvención son as dirixidas ao fomento e á participación do colectivo mozo e que se desenvolvan e realicen dentro do termo municipal de Vigo:
- Programas de animación sociocultural e de carácter formativo e ou preventivo.
- Actividades de ocio e tempo libre.
- Actividades relacionadas coa cultura e a creatividade xuvenil.
Se precisas axuda ou asesoramento, podes solicitar cita e recibir información individualizada nos puntos seguintes:
Casa da Xuventude:
Horario: de luns a venres de 9.30 a 14:00 horas.E-mail :
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
Punto Xove:
Horario: de luns a venres de 9:30 a 14.00, de luns a xoves de 17:00 a 20:00 horas.E-mail:
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
Súbete a O Castro:
Horario: de luns a xoves de 17:00 a 21:00 horas, venres de 17:00 a 23:00 horas.E-mail:
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
De xeito orientativo podedes consultar as BASES das SUBVENCIÓNS 2011, a convocatoria está caducada, pero podedes facervos unha idea dos requisitos para optar a unha subvención se a queredes solicitar para o ano que ven.




