Imprimir PDF

Locais de Ensaio

O Concello dispón actualmente de dúas salas acondicionadas para o ensaio de solistas ou grupos de calquera estilo musical. Dispón de equipo de son e instrumentos básicos para ensaios. Dirixidos principalmente a mozos e mozas de entre 18 a 30 anos. Especialmente, grupos ou outro tipo de formacións musicais (cantautores, dúos, bandas, etc.) que precisen dun local para realizar os seus ensaios.

Observacións

Cando un grupo dáse de baixa, outro desta lista pasa a formar parte dos que ensaian nos locais. Para isto localízase, a través do contacto, aos seguintes na lista por estrita orde de entrada.
No caso de fallar aos ensaios dúas veces sen previo aviso, o horario destinado ao grupo ou individuo en cuestión, pasará a estar dispoñible para outra persoa ou grupo da lista de espera.
Ademais de poder acceder aos locais de ensaio, ao realizar a solicitude recibirase información gratuíta (presencial ou a través de correo electrónico) de temas relacionados co campo da música (concertos, concursos, cursos, etc.). No caso de non querer recibir información deste tipo, débese notificar por escrito á Casa da Xuventude ou a Súbete a O Castro.
grupo

Local de Ensaio Musical da Casa da Xuventude

Horario: de luns a venres de 08:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:30 horas.
Contacto: ir a Casa da Xuventude
Situada no espazo anexo á Casa da Xuventude con acceso para persoas discapacitadas.

Local de Ensaio Musical de Súbete a O Castro

Horario: De luns a xoves 17:00 a 21:00. Venres e sábados: 17:00 a 23:00h.
Contacto: ir a Súbete a O Castro

Recomendacións para o uso do local de ensaio (elaborado coa participación dos grupos de música)

  1. Procuraremos ter un nivel de son axeitado cando toquemos, por se os veciños e veciñas non están para concertos neses momentos.
  2. O mellor é que cada un e cada unha nos especialicemos no noso instrumento, xa que non hai ninguén mellor que un mesmo e unha mesma para saber como coidalo.“Se son baixista toco o baixo”
  3. Se decidimos fumar, farémolo fóra do local aproveitando un rato de descanso.
  4. Utilizaremos a papeleira e o paraugueiro, se os necesitamos.
  5. Ó rematar de ensaiar tentaremos deixar os cables enrolados para que duren máis tempo.
  6. Podemos utilizar o taboleiro de cortiza para poñer anuncios: compravendas, concertos, actividades, etc.
  7. Lembrarémonos uns ós outros de deixar apagados os monitores, amplis e demais aparellos cando rematemos o noso ensaio e así evitaremos posibles accidentes.
  8. Cando teñamos previsto faltar ó ensaio comunicarémolo o antes posible para que outro grupo poida utilizar o local no noso horario. Se decidimos non avisar nun par de ocasións enténdese que preferimos deixar o local a disposición doutro grupo no sucesivo.
  9. Utilizaremos o chan para apoiar os pés, sempre mellor que as paredes, xa que o material co que están revestidas para insonorizar rompe con facilidade.
  10. Sería aconsellable deixar o local como a nós nos gustaría atopalo.
Todos e todas agradecemos a colaboración e implicación na conservación deste espazo. Gocémolo.