Ludotecas
Qué é unha Ludoteca
Son espazos lúdico-educativos que empregan o xogo e o xoguete para procurar o desenvolvemento integral das nenas e dos nenos.
Nestes espazos ofertámosche:
- Gran cantidade e variedade de xoguetes e materiais lúdicos, axeitados ás idades e características dos e das rapaces e rapazas.
- Un proxecto socio-educativo que é a base do noso traballo.
- Un equipo de profesionais do ámbito social, educativo e do lecer.
Qué se aprende co xogo
É un medio de socialización, expresión e comunicación, co que a nena ou o neno establece relacións cos seus iguais e aprende a aceptar puntos de vista diferentes.
Permítelle coñecerse así mesmo, aos demais e establecer vínculos afectivos.
Desenvolve as funcións psíquicas necesarias para aprendizaxes como a percepción sensorial, a linguaxe, a memoria, etc., así como a funcións físicas: correr, brincar, equilibrio e coordinación.

Estimula a superación persoal a partir da experimentación do éxito, que é a base dunha boa autoestima.
Axuda a interiorizar as normas e pautas de comportamento social, xa que se as nenas e nenos non respectan as normas de xogo que previamente son establecidas por eles, sanciónanse por eles mesmos.
É a base de toda actividade creativa, xa que promove a imaxinación.
Qué servizos che ofertamos
- Salas para gozar da túa música.
- Libros, banda deseñada e prensa.
- Xogos e obradoiros sobre o medio natural.
- Xogos de mesa.
- Xogos simbólicos e dramáticos.
- Salas de manualidades e obradoiros.
- Creación e construción de xoguetes.
- Obradoiros de cociña.
- Cine infantil.
- Xogos de construción, quebracabezas, maquetas.
- Xogos de exterior, xogos con material alternativo, xogos cooperativos, xogos predeportivos e deportes.
Outros servizos
- Colaboración con diferentes entidades e asociacións.
- Asesoramento ás nais e pais.
- Préstamo de xoguetes e libros.
- Saídas e excursións.
- Visitas culturais.
Ludotecas Municipais de Vigo
Obxecto das Ludotecas Municipais: dar resposta as demandas da cidadanía en relación cós servizos a infancia que recolle a Lei de os Servizos Sociais e o Decreto 354/ 2003.
Ideario e valores: a Ludoteca Municipal defínese coma un centro prestador de servizos socio-educativos e lúdicos á infancia e ás súas familias; de carácter público e universal, accesible, e identificado coa defensa, promoción e educación en valores de igualdade, solidariedade, liberdade, xustiza e paz, a través do xogo como elemento vehiculizador dos valores e da aprendizaxe humana.
Ludotecas Municipais de Vigo:
As Ludotecas Municipais son gratuitas.




