De novo as rúas, prazas e xardíns redondeláns servirán de escenario para artistas, músicos e titiriteiros das máis variadas procedencias. A organización do evento, compartida pola ASOCIACIÓN XENTE TITIRITEIRA e a Concellería de Cultura do Concello de Redondela, mantén a vocación internacional do FESTIVAL, presentando, nesta ocasión, os traballos e espectáculos de compañías profesionais do Reino Unido, Bulgaria, Dinamarca, Murcia, Cantabria, Madrid Cataluña e Galicia (entre outras).

Ler máis...

Convoca: Concellaría de Xuventude do Concello da Santiago

Contido: Cultura urbana Santiago 19 maio

  • Descenso Urbano DH: realizarase ao longo de varias rúas do Casco Vello, rematando na Praza das Platerias, a partir das 12,30 comenzan os entrenos, consistentes en 4 descensos.
  • A partir das 15,30h empezán as probas para rematar sobre as 18.00h coa entrega de premios que sera na Praza do Obradoiro.
  • A partir das 18,30 na Praza do Toural terán lugar un Obradoiro de Turtablism(DJ),un Obradoiro de Beatbox, e outro de Breakdance.
  • Pola noite, a partir das 21,00 na Praza da Quintana o concerto de Nach, como artista invitado Erin.

Arte-K3 Movemento de arte fotográfico

Fotografía

Do 7 ata o 25 de maio

Título " ARTE K3 "

Cada un dos integrantes de Arte_K desenvolve, mediante a linguaxe visual, pequenos relatos construídos por secuencias fotográficas. É un traballo de tratamento especialmente estético que estimula o voo subxectivo do observador.

www.movimientoartek.blogspot.com

 

Convoca: Faro de Vigo

Contido: Mércores 2: “Palestina: la casa de mi memoria”, por Ghaleb Jaber Ibrahim.
Venres 4: “Valentín Paz Andrade, a Galicia que suma”, por Xosé Luis Méndez Ferrín, Xosé Luis Axeitos e Miguel Anxo Seixas.
Luns  7: “El robo de niños recién nacidos”, por Clara Sánchez.

Ler máis...

Comezamos o mes de maio cun intenso programa de actividades e algúns cambios sobre a prevísión inicial que cómpre ter en conta:

1. Rutas por Vigo e Bisbarra:
- 6 maio: Cabo Udra - Hío. Por ser día da nai, a ruta prevista para todo o día pasa a ruta de mañán (tentando chegar as 2:30 o máis tardar). Sáese da Prazado Rei, estando convocados as 8:30 para saír as 9:00
- 13 maio: Hío - Cangas (pola costa). Neste caso, se o tempo acompaña, sí que está previsto que a ruta sexa de día completo. Tamén se fai en autobús.
- 20 e 27 maio: Visita ao Parque natural de Illas Cíes. Sairase dende a Estación Marítima

Ler máis...

The Selecter, unha das grandes bandas do resurgimiento do ska en Gran Bretaña, xunto a The Specials, Madness, The Beat, Bad Manners e The Bodysnatchers, actuará na sala viguesa O Inferno o próximo 24 de maio. Orixinarios de Coventry, esta banda formouse en 1979, como resultado da suma de músicos de distintas nacionalidades; jamaicanos na súa maioría, pero tamén nixerianos, ganeses e ingleses. Xa banda segue estando liderada Pauline Black, vocalista anglo-nixeriana, considerada unha das mellores voces do ska. A xira española, denominada Made in Britain, levaralles por Madrid, Bilbao, Barcelona e Zaragoza.

Fonte:  La Voz de Galicia

A concelleira de Medioambiente, Chus Lago, presentou  as actividades previstas no Programa de voluntariado medioambiental "Camiño a Camiño" para o período de primavera e verán.

Destaca como novidades as accións que se van a desenvolver no río Lagares o sábado 5 de maio e logo durante o mes e medio seguinte, así como o patrocinio de Eroski nestas accións.

Tamén se lembrou toda as accións previstas nas Illas Cíes en colaboración con Parque das Illas Atlánticas e as accións de formación de voluntariado entre abril e xuño

Ler máis...

Entre as actividades conmemorativas do seu 75 aniversario, o Museo Municipal “Quiñones de León” presenta a súa nova exposición no Pazo de Castrelos "COLECCIÓNS HISTÓRICAS NO MUSEO DE CASTRELOS". A colección municipal de arte, asignada ao museo “Quiñones de León”, está formada por máis de 1.500 obras, divididas en tres seccións: arte europea antiga, na que consideramos mestres europeos principalmente dos séculos XVII, XVIII e XIX; a colección e artes decorativas, formada por un heteroxéneo e amplo conxunto de mobiliario, cerámica, reloxos e que ambienta as estancias do pazo; e finalmente a colección de arte galega contemporánea, exposta na actualidade na Pinacoteca “Francisco Fernández del Riego”

Ler máis...

A exposición desenvolve ao longo de 10 seccións, articuladas tematicamente, algunhas das líneas que consideramos mais significativas na evolución da nosa pintura –e complementariamente da nosa escultura- dos séculos XIX e XX, cerna fundamental da colección.

Ler máis...