BRAGA

Participación da mocidade galega nas actividades da Capital Europea da Xuventude

A cidade portuguesa de BRAGA é este 2012 a CAPITAL DA XUVENTUDE EUROPEA. Este evento vai marcar o panorama cultural, académico e recreativo do lugar, polo que este é o ano ideal para visitar un dos puntos máis atractivos do país veciño.

Durante o 2012, Braga ofrecerá un programa completo de eventos e actividades que ofrecerán máis participación e máis oportunidades para que a xuventude tome un papel activo.

Participación da mocidade galega nas actividades da Capital Europea da Xuventude que se propoñen:

a) Festival de artes de performance  - 1 a 3 de xuño

O evento pretende xuntar, nun espazo multifuncional, o público xuvenil, incluíndo o universitario, a Xuventude do Concello e convidalos a interactuar con público doutras franxas de idade e de outras paraxes e doutras culturas.

Ler máis...

Os vigueses que queiran sacarse o DNI ou o pasaporte deberán cambiar os seus plans para os próximos días. Ante o traslado dos servizos ao complexo da rúa López Mora, modificouse o calendario.

Deste xeito, a partir do día 15 deste mes o centro de Pi e Margall estará pechado. Os que tivesen citas para esta dependencia deberán acudir o 15 e o 16 á comisaría da Policía Nacional de cálea Luís Taboada.

Con todo o día 18 e seguintes os citados deben acudir ás instalacións de López Mora, entrada por Álvaro Cunqueiro. Os servizos xerais para estes trámites serán desde entón alí.

flashmob

Contido:

Esta orde ten por obxecto establecer as bases polas cales se rexerá a concesión da prestación familiar por fillo/a menor de tres anos así como a convocatoria destas axudas para o presente ano 2012.

Ler máis...

O obxectivo dos centros Quérote+ é prestar un servizo de información e asesoramento á xuventude galega naquelas áreas nas que se poida aportar un maior entendemento social e que se facilite o crecemento persoal.

Estratexias

  • Servizo público, anónimo e confidencial
  • Equipo de profesionais especializado: psicólogos/as; traballadores/as sociais; educadores/as sociais; enfermeiro/a
  • Horario de atención ao público adaptado ao tempo e ocio xuvenil
  • Oficinas ubicadas en espazos de encontro xuvenil
  • Evaluación continua do servizo e das demandas xuvenís
  • Coordinación cos equipos de servizos complementarios

Servizos de QUEROTE +

  • Páxina web con información dinámica e interactiva
  • Atención profesional de consultas presenciais, telefónicas e on-line
  • Realización de obradoiros en centros de ensino, asociacións e institucións xuvenís
  • Actividades divulgativas: stands, mesas informativas, participación en foros
  • Publicacións propias: folletos, monográficos, guías

    Ler máis...

Contido:Holanda endureceu a normativa que permite o consumo de marihuana nos coffeeshops.A partir do 1 de xaneiro de 2012 estos locais seran só para socios holandeses ou para cidadáns con permiso de residencia.Os turistas que conforman unha boa parte da clientela xa non poderán entrar.

Aínda cos clientes poden seguir fumando marihuana sen problemas terán que rexistrarse e mostrar o correspondente carné.Cada establecemento terá 2000 socios fixos.

Máis Información:

A profesora da Universidade de Vigo Susana Cruces comentará o libro " La biblia envenenada" de Bárbara Kingsolver durante a sesión dos "Cafés Literarios" que terá lugar o mércores 30 de novembro de 18:00 a 20:00 horas no Centro de Documentación da rúa Joaquín Yáñez 6,2º andar. O club de lectura do Centro de Documentación e Recursos Feministas está formado por un grupo de persoas animadas polo gusto á lectura.

Ler máis...

Convoca: Concellería de Benestar Social do Concello de Vigo

Contido: A "Guía de información e acollida para persoas de procedencia estranxeira" ten por obxectivo facilitar o desenvolvemento de relacións de convivencia intercultural, converténdose nun instrumento de apoio no proceso de orientación da poboación estranxeira residente no Concello de Vigo, pero tamén é unha ferramenta útil para o conxunto da cidadanía viguesa.

Consulta a guía na nosa sección de monográficos: VER MONOGRÁFICOS