Imprimir PDF

 

Novo espazo situado no centro da cidade, que incrementa as vías de intercambio e colaboración entre a mocidade e as institucións municipais.

Primeiro andar: oficina de información e asesoramento xuvenil con persoal técnico especializado en: Educación e Formación, Emprego, Lecer e tempo libre, Turismo, Saúde, Vivenda, Asociacionismo Xuvenil, ONG's e Cooperación Internacional, zona de autoconsulta, tramitación do carné xove.

Segundo andar, con acceso para persoas discapacitadas: servizo de acceso libre a internet con equipamento de última xeración, espazo para exposicións, proxeccións, reunións, lectura ou estudo.

puntoxove

  • Enderezo: Rúa López Neira 27, 36202-Vigo (preto da rúa Príncipe)
  • Teléfono: 986 223 004.
  • Liñas de Autobuses: C1, C2, C3, C4A, C4B, C4C, C9A, C9B, C15, CN1, CN2, L12A,L12B, L8, L11, L17.
  • Horario: de luns a venres de 9:30 a 14:00 horas e de luns a xoves de 17:00 a 20:00 horas.
  • E-mail: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
Servizos
  • Turismo Xuvenil
    • Información sobre medios de transporte, aloxamentos e o necesario para viaxar.
    • Información e tramitación do Carné Xove Euro<30
  • Asesoramento de Emprego: emprega o correo electrónico para solicitar cita e atención personalizada.
  • Asesoramento ao Estudante: emprega o correo electrónico para solicitar cita e atención personalizada.
  • Voluntariado Europeo: información e asesoramento sobre o programa: mércores de 18:00 a 20:00 horas.
  • Dinamización Xuvenil: axudámosche a levar á práctica os teus proxectos.
  • Asesoramento a Asociacións Xuvenís: constitución, estatutos, lugar de reunións.
  • Programa de Subvencións:
    • Información e axuda á súa tramitación.
    • Consulta as bases, prazos, condicións e o texto do programa en vigor na Oficina Virtual
  • Informática e Internet
    • Equipos de última xeración e webcam.
    • Acceso a Internet mediante conexión WIFI, para navegar comodamente co teu portátil.
Salas
  • Sala de Xuntanzas: lugar de encontro, reunións, charlas formativas para os individuos ou colectivos que o soliciten.Sala de Exposicións: pintura, fotografía, cómic, proxeccións de curtametraxes Especialmente preparada para exposicións en formato dixital, audiovisuais e multimediaEspazo de Lectura: lugar de lectura, de traballo en equipo, estudo diúrno e nocturno en tempada de exames. Fondo Documental: publicacións de interese xuvenil, prensa diaria local e nacional, acceso ao BIX (Boletín Informativo Xuvenil).