altAutor: Colectivo METT03.04  (Miscelánea en tres tempos)
Título da Obra: Benvid@s a ollo polar
Datas: do 7 ao 25 de Maio do 2012 no Punto Xove

Pinceis,lápises,cámaras fotográficas,videográficas…danlle a benvida a un pequeno, pero entrañable lugar chamado Ollo Polar.
Dende a Rúa Metáfora querémoslle invitar a unha visita guiada onde o/a guía é un/ha mesmo/a, tendo a libertade de brincar de páxina en páxina á maneira que cada cal lle pareza.


Ler máis...

Convocan: A Concellaría de Xuventude de Vigo en colaboración con Renfe

Contido: Concurso de fotografía móbil InterRail 2012. Entrarán en concurso todas as fotografías referidas ás instalacións e/ou actividades organizadas pola Concellaríade Xuventude. O prazo de presentación das fotografías para o concurso estará aberto dende o luns 21 de maio ata o 10 de xuño de 2012 , ás 23:59:59 horas. As fotos deberán enviarse como arquivo adxunto ao correo do  Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo  (o texto do asunto: “Concurso foto móbil InterRail 2012)

Descarga: BASES DO CONCURSO


BannerlumierePois se é así, dende o Punto Xove e grazas á colaboración co Cineclub Lumière, poderás gañar dúas invitacións para ir ver unha película das programadas mensualmente pola asociación.

Que tes que facer?

Terás que estar atent@ a web de xuventude (www.xuventudevigo.org) e responder á pregunta que dende o Punto Xove che faremos relacionada co mundo do cine . A finais de cada mes colgaremos a pregunta que debedes responder correctamente (ver as bases) enviando un correo electrónico a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo . Dita pregunta estará camuflada pola web, e terás que exercer de detective.

Descarga: PROGRAMACIÓN MES DE MAIO.

BASES

- Poderán participar todol@s interesad@s con idades comprendidas entre os 18 e 35 anos.
- Entrarán en concurso todas as respostas correctas e completas enviadas ao correo do Punto Xove durante o prazo de tempo establecido.
- No correo electrónico ademais da resposta, teredes que indicar o nome, apelidos e un teléfono de contacto e data de nacemento (comprobarase co D.N.I. ).
- O gañador/a resultará dun sorteo realizado entre todos os participantes que enviaron a resposta correcta.
- O gañador/a non poderá concursar máis de dúas veces no mesmo trimestre.
- O concurso estará vixente sempre que apareza colgada a información na web de xuventude.
O nome do gañador/a colgarase na web de xuventude.


Máis información: PuntoXove Tfno: 986 223 004

alt

Reportaxe realizado por "Popular Tv Galicia” o luns pasado, da exposición que se pode ver ata o 24 de Febreiro no Punto Xove