Local de reunións
Unha sala situada no segundo andar da Casa da Xuventude cunha amplitude suficiente para realizar actividades con carácter multiuso. Equipada con mobiliario básico para formación e outras actividades de reunión a desenvolver por parte de grupos ou colectivos que a soliciten, preferentemente do Municipio de Vigo.

A sala pódese solicitar para unha sesión ou varias, pero non de xeito permanente.
A quen está dirixido
Para calquera persoa ou colectivo interesado con idades comprendidas entre os 15 e os 35 anos. Preferentemente do Municipio de Vigo.
Como facelo
Por Internet
Cóbrese o formulario anexo e remítese a
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
á atención de Sala de reunións.
Posteriormente, considerarase a solicitude e pedirase máis información para logo, persoalmente, concretar datas e demais detalles co/s interesados/as na Casa da Xuventude.
Presencialmente
Cubrirase o formulario anexo e presentarase na Casa da Xuventude. Posteriormente, considerarase a solicitude e pedirase máis información para logo, persoalmente, concretar datas e demais detalles co/s interesados/as na Casa da Xuventude.
Por correo
Cubrirase o formulario anexo e remitirase a Casa da Xuventude. Posteriormente, considerarase a solicitude e pedirase máis información para logo, persoalmente, concretar datas e demais detalles co/s interesados/as na Casa da Xuventude.
Prazos
Daremos unha resposta nun máximo de 48 horas dende a recepción da solicitude.
Documentación requirida
- Solicitude da Sala de Reunións da Casa da Xuventude




