Imprimir PDF
  • Enderezo: Monte de O Castro: Paseo dos Cedros s/n (a carón da pista de bicis)
  • Teléfono: 986 485 541
  • Liñas de Autobuses: CC, C3, C6, C7, 12A,12B, L14, L21, L29, L25.
  • E-mail: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
  • Horario  de luns a xoves de 17:00 a 21:00 horas. Venres de 17:00 a 23:00 horas. Sábados de 17:00 a 23:00 horas.

Espazo xuvenil e punto de encontro situado no parque de O Castro desde o que se programan gran cantidade de actividades de lecer e tempo libre, dirixidas a fomentar a participación xuvenil, atendendo ás necesidades do colectivo novo.

logosubetecastroEstamos abertos ás vosas suxestións, propoñémosvos obradoiros, actividades musicais, cursos, concertos e ofrecémosvos a posibilidade de "darvos a coñecer" na nosa páxina web.Servizos

    • Punto de Información Xuvenil
      • Información actualizada sobre actividades de carácter xuvenil que se están a realizar en Vigo.
    • Dinamización Xuvenil axudámosche a converter as túas ideas en feitos.
    • Asesoramento a Asociacións Xuvenís servizo destinado a colectivos ou asociacións xuvenís, é preciso concertar cita previa.
    • Acceso libre a Internet e Sistema de Conexión WIFI
      • Equipos para navegar libremente, chatear, xogar en rede, elaborar documentos, facer videoconferencia, intercambiar arquivos co voso móbil a través de bluetooth en quendas de 30 minutos.
      • Conexión co teu portátil á nosa WIFI.
    • Servizos Tecnolóxicos
      • Videoconsolas Wii para vivir experiencias interactivas: miniolimpiadas Wii.
      • Competicións de Xogos en Rede ao longo de todo o ano.
      • Bluettooth.

      Cursos de formación

      • Cursos Cuadrimestrais gratuítos. A programación varía en función da demanda, gustos e intereses dos mozos.
        • Para participar en calquera curso cuadrimestral só é preciso inscribirse cubrindo un formulario no Espazo Xove do Castro ou descargándoo na web. As prazas son limitadas.
        • CASTROENSAIOS: Cursos relacionados coa música: vocalista, teclado, batería, baixo eléctrico, guitarra eléctrica, pandereita.
        • CASTROESCENA: Se che gustan as artes escénicas e o baile: Danza Oriental, Iniciación Break Dance, Teatro.
        • CIBERCASTRO: para mozos e mozas interesadas na informática e as novas tecnoloxías: Mecanografía, Open Office, cursos específicos relacionados con aplicacións de Software libre ou mantemento informático.
      • Actividades en Espazo Aberto skate, roller, hockey rueiro, graffitie, bici de montaña,, taichi, xogos populares, actividades deportivas.
      • Outras Actividades cada trimestre edítase unha nova programación de actividades variadas: obradoiros, cursos, festas, actividades ao aire libre, concertos.

      samain

      Salas

      • Espazos para ti
        • Lugar de encontro, de reunións.
        • Para xogar ao tenis de mesa, dardos, xadrez, xogos de mesa.
        • Para escoitar a túa música, ou simplemente para falar e quedar con outras mozas e mozos.
      • Sala de Ensaios musicais local, equipo de son e instrumentos básicos para o ensaio de grupos ou solistas de calquera estilo musical.

concertos