31 Xaneiro 2012
Convoca: Easyjet
Contido:
Easyjet anunciou a modificación da súa política de equipaxe no que afecta ao transporte de instrumentos musicais. Grazas aos novos cambios desta low-cost británica, os músicos contarán con ?unha das mellores políticas de equipaxe de man.
Logo de varios meses de negociar coa UKs Incorporated Society of Musicians (Asociación de Músicos de Reino Unido), a aerolínea acordou as condicións para poder transportar a bordo aos músicos xunto aos seus instrumentos. Os pasaxeiros poderán levar como equipaxe de man a bordo dos voos de Easyjet instrumentos dunhas dimensións de ata 30 x 117 x 38 centímetros.
Así, poderán transportarse sen necesidade de ser facturados instrumentos talles como guitarra, violín, viola, frauta, clarinete, clarín, trompeta ou piccolo. Doutra banda, existe un acordo especial que permitirá que poidan ser aceptados tamén en cabina outros de maior lonxitude, como os violoncelos.
A directora da Incorporates Society of Musicians afirmou que están ?moi emocionados co paso que Easyjet deu para axudar aos músicos profesionais?, unha noticia que foi recibida con moito entusiasmo polos membros da asociación.
En canto ás restricións sobre a equipaxe de man, hai que destacar que esta compañía de baixo custo non ten límite máximo de peso. A única condición é que debe tratarse dun só vulto que non exceda os 56 x 45 x 25 centímetros.





