A Xerencia de Urbanismo deu luz verde  á aprobación provisional de 29 expedientes de axudas para a rehabilitación no Casco Vello por importe de 311.779 euros para obras en 52 vivendas en 16 edificios. Segundo explicou o rexedor, estas axudas supoñen o 38,2% do investimento a realizar polos privados, que acada os 816.000 euros. Ademais, tamén se aprobaron 9 expedientes de axudas á rehabilitación no ámbito do barrio Histórico de Bouzas, por importe de 60.669 euros, para 10 vivendas en tres edificios que "van cubrir o 46% do investimento total a facer polos propietarios por importe de 131.665 euros". En total, adxudícanse axudas para 62 vivendas o que supón "un salto cualitativo na rehabilitación en zonas históricas de Vigo". 

Ler máis...

  • Enderezo: Xerencia Municipal de Urbanismo. Praza do rei s/n. 36202 Vigo.
  • Teléfono: 986 810 350
  • EmailEste enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
  • Web: www.vigo.org/vivenda
  • Horario atención persoal: luns de 9:00 a 13:30 horas.
  • Horario atención telefónica: de luns a venres de 9:00 a 13:30 horas.

Convoca: Consellería de Medioambiente, Territorio e Infraestructuras

Contido: Esta orde ten por obxecto aprobar a convocatoria para o procedemento de concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas aos promotores de actuacións de rehabilitación de edificios e vivendas existentes acollidos, mediante cualificación protexida, ao Plan de Vivenda e Rehabilitación 2009-2012, segundo o disposto no Decreto 402/2009, do 22 de outubro, polo que se establecen as axudas públicas en materia de vivenda a cargo da Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a xestión das previstas no Real decreto 2066/2008, do 12 de decembro, para o período 2009-2012.

Máis información: Diario Oficial de Galicia do venres 25 de febreiro de 2011