03 Maio 2012
Guía elaborada entre PANXEA, Árbore, A Cova da Terra e A Xoaniña, organizacións que traballan en rede dentro da Rede Galega de Consumo Consciente e Responsable, e nelapresentan ata 27 iniciativas que xa están a traballar en Galicia en clave de soberanía alimentaria.
Para cada unha das iniciativas se inclúe unha descripción e una ficha técnica que indica os canais de comercialización, as súas fontes de financiación, as redes nas que colaboran, o número de persoas traballadoras e outros datos de interese.
Esta Guía vai ser útil para dar a coñecer e poñer en valor estas iniciativas, animar apersoas emprendedoras que queiran traballar nesta clave, e axudar tamén a que as persoas consumidoras teñan a posibilidade de facer un consumo mais informado, consciente e responsable.
PANXEA, Árbore, A Cova da Terra e A Xoaniña
Máis información