05 feb ‘Concepción Arenal, a pegada que persiste’

Proxección de curtas sobre muller, corpo e igualdade introducidas por Chis Oliveira para conmemorar o bicentenario do nacemento de Concepción Arenal. Foi unha visitadora de prisións licenciada en dereito, xornalista e escritora galega encadrada no realismo literario e pioneira no feminismo español.​ Pertenceu á Sociedade de San Vicente de Paul, colaborando activamente desde 1859. Defendeu a través das súas publicacións o labor levado a cabo polas comunidades relixiosas en España. Colaborou no Boletín da Institución Libre de Ensino. Ao longo da súa vida e obra denunciou a situación dos cárceres de homes e mulleres, a miseria nas casas de saúde ou a mendicidade e a condición da muller no século XIX, na liña das sufraxistas femininas decimonónicas e as precursoras do feminismo.

+ INFO: amovida.gal