1.000 bolsas de inglés en liña

O Banco Santander e a Universidade de Pensilvania ofrecen 1.000 bolsas a través dun programa de dominio de inglés en liña para falantes non nativos en lingua inglesa interesados en facer avanzar as súas carreiras.
Terás a oportunidade de mellorar o teu inglés para conseguir as túas metas profesionais elixindo entre tres cursos:
– Inglés para o desenvolvemento persoal
– Inglés para empresas e emprendemento
– Inglés para ciencias, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas.

Datas: O curso en liña durará cinco semanas desde o 18 de xaneiro ao 22 de febreiro de 2022.
Requisitos: maiores de 18 anos, non nativos en lingua inglesa cun nivel mínimo B1 de inglés.
Prazo: as 23:00 GMT+2 (zona horaria de Madrid) do 23 de novembro de 2021

https://app.becas-santander.com/es/program/santander-scholarships-language-english-to-boost-your-career-university-of-pennsylvania