18 Bolsas artísticas para a mocidade

A Fundación Antonio Gala para Mocidade Creadora fai pública a XX convocatoria de prazas para estimular e promover a creación.

A finalidade da convocatoria é apoiar e promover o labor creativo de novos artistas en diferentes modalidades. Estas bolsas teñen como propósito principal a convivencia entre creadores de diversas disciplinas da arte e a cultura, fomentando así o enriquecemento mutuo.

O obxectivo é facilitar a mozos e mozas de prometedora traxectoria nas súas respectivas disciplinas (narrativa, poesía, teatro, composición musical, pintura, escultura, arquitectura…), o desenvolvemento dun proxecto de creación durante o curso académico 2021-2022.

As prazas convocadas son 18.

A Fundación, convoca para ese mesmo período e condicións, unha praza extraordinaria adicional destinada a un/ha investigador/a que propoña un proxecto sobre algún aspecto concreto da obra e figura de Antonio Gala.

prazo de envío das solicitudes estará aberto ata o 31 de marzo de 2021

+Info: FUNDACIÓN ANTONIO GALA