I Edición do Festival Ollie Navia

Trátase dun festival musical de xéneros rock e punk ao aire libre que pretende coa súa música
achegar á mocidade e adolescencia a un espazo seguro e reivindicativo de movementos como
o feminismo ou a normalización lingüística. Ademais constituirá unha oportunidade indispensable
para a propulsión da música local viguesa. Pola a súa situación tamén pretenderá poñer en
valor a escena urbana deixando libre o skatepark para que o skate e a música convivan nesa
tarde que pretenderá, así, ser tanto cultural como deportiva. A actividade desenvolverase grazas
ao voluntariado.

O seu emprazamento será o preto do Skatepark de Navia, mais sen chegar a usar as
instalacións deportivas deste mesmo, interactuando así coas persoas usuarias da zona
deportiva do mesmo e respectando así a liberdade para utilizar o skatepark, segundo plano do
evento.
Levarase a cabo o sábado 23 de xullo en horario de 09:00H a 02:30H, incluído neste horario a
preparación previa mais a montaxe e recollida posterior

HORARIO DE ACTIVIDADES A DESENVOLVER, MONTAXE E DESMONTAXE
09:00 – 12:00: Montaxe do equipo necesario
12:00 – 15:00: Probas de son
17:30 – 00:30: Actuacións musicais
00:30 – 01:30: Sesión de música ambiente e comezo da desmonte
01:30 – 02:30: Desmonte final
02:30: Parque baleiro e desaloxado

Asociación Veciñal de Novo Vigo – R/ As Teixugueiras, 11 – P6 – Of. 9B
Correo electrónico: info@avvnovovigo.org
Facebook: http://www.facebook.com/avv.novovigo
Móbil: 688936213