2021 Obradoiro ‘Do horto do Calvario ás cociñas’

O obradoiro do “Horto á cociña” está concibo como unha actividade pedagóxica para os/as cativos/as, cunha dobre vertente: por unha banda foméntase a creación de hortos urbanos, nunha xeración practicamente sen contacto co campo, adquirindo uns coñecementos mínimos para o seu desenvolvemento. E por outra banda trabállase con eles o concepto de alimentación saudable, tan vencellado ao consumo diarios de froitas e verduras .
Cara aos adultos, o obradoiro é un espazo de interacción e confluencia na que os/as monitores/as resolven ás dúbidas do público asistente en relación coas súas propias plantas, asesóraselles na escolla da planta que van levar consigo, ensínaselles a facer abonos con residuos domésticos, explícanselle os diferentes usos culinarios das plantas, outros xeitos de cociñalas e dáselles calquera indicación que precisen para animar a comezar co seu
horto urbano. Entrega dunha planta por familia participante.

Lugar: Rúa Cronista José Espinosa.

Instalacións: carpa homologada de de 300m con catro portas de entrada

Datas: 22 de decembro ao 9 de xaneiro de 2022.

Horario:
Mañás: de 11- 14h
Tardes: de 16h. a 20h agás os días: 24 e 31 de decembro e día 5 de xaneiro.
Os festivos: días 25 de decembro e 1 e 6 de xaneiro permanecerá pechado.
Destinatarios: Categorías:
Grupos infantís: 8-12 anos.
Grupos adolescentes: 13-17 anos.
Grupos familiares: a partires de 4 anos.
Grupos constituídos por subgrupos familiares de pais-fillos, avós-netos e análogos.

ACTIVIDADES ADAPTADAS AOS GRUPOS:

Plantado, visita guiada : coñecemento e clasificación, como confeccionar un horto urbano, alimentación saudable, usos culinarios das plantas, como confeccionar abonos con residuos domésticos, usos medicinais.