DepoRutas BTT 2020 (Meis)

Aberto o prazo para a DepoRuta BTT que terá lugar no Concello de Meis.

A Deputación de Pontevedra elabora unha serie de programas para o fomento de hábitos saudables a través da práctica de actividade física e deportiva en contacto coa natureza.

A provincia de Pontevedra esconde nos seus montes unha riqueza natural, ecolóxica e patrimonial inigualable. Por iso, a Deputación de Pontevedra anímate a participar no programa “DepoRutas BTT” 2020. Elixe a ruta que máis se adapte ás túas exixencias, sube á bici e prepárate para vivir experiencias únicas: “a vida é como montar en bicicleta, para manter o equilibrio hai que seguir pedaleando.

+Info: DEPORUTAS BTT