2º Concurso de redacción xornalística

A revista National Geographic España e RBA Libros anuncian a segunda edición do Concurso de Redacción Xornalística en que mozas/os de entre 14 e 18 anos deberán escribir un editorial xornalístico expoñendo os retos aos que se enfrontan os océanos e expondo solucións.

Coincidindo co inicio daDécada das Ciencias Oceánicas para o Desenvolvemento Sostible 2021-2030, proclamada pola ONU, chaman a estudantes de 3º e 4º de ESO e 1º e 2º de Bacharelato matriculados en calquera centro do territorio español a escribir de forma individual un editorial entre 400 e 500 palabras que reflicta a importancia dos océanos na nosa vida e inspire á conservación do maior ecosistema do planeta.

É importante que se sigan as normas dos editoriais e por tanto escribir un texto argumentativo baseado en feitos, que analice os retos aos que se enfrontan os océanos e propoña solucións.

O concurso terá dúas categorías: Explorador 1 e Explorador 2, segundo o curso en que estean matriculados os estudantes.

prazo para presentar os traballos estará aberto ata o 3 de maio de 2021.

O fallo do xurado darase a coñecer o 8 de xuño de 2021, Día Mundial dos Océanos.

Premios
O primeiro premio das dúas categorías incluirá a publicación do traballo gañador na revista impresa, unha subscrición anual á revista National Geographic España e un lote de libros de RBA. O segundo e terceiro premio gañadores e os finalistas publicaranse na web da revista.

https://www.nationalgeographic.com.es/mundo-ng/2-concurso-redaccion-periodistica-para-jovenes-oceanos_16316