Campamento de verán da Orquestra Clásica de Vigo

CAMPAMENTO DE VERÁN DA ORQUESTRA CLASICA DE VIGO

A Orquesta Clásica de Vigo ofrecerá este
mes de xullo a primeira edición da Orquestra
Creativa da OCV, un campamento de verán
dirixido a rapazas e rapaces de 10 e 14 anos
e que estuden nos conservatorios, escolas de
música ou bandas da contorna.

Unha orquestra sinfónica é un exemplo único
de convivencia no que converxen valores,
traballo, ocio, música e amizade. Queremos
con este proxecto transmitir a nosa paixón
pola música ás futuras xeracións de músicos
e música da nosa provincia, sentando
as bases do que pode ser unha futura
traxectoria profesional.

A actividade contará con obradoiros dirixidos
por músicos da Orquesta Clásica de Vigo,
destacando a presencia do noso director
artístico, Manuel Martínez Álvarez-Nava,
profesor no Conservatoiro Superior de
Música de Vigo e fundador da orquestra en
1984, xunto con figuras destacadas como
Raquel Carrera Álvarez, concertino da orquestra e profesora de violín e orquestra no
Conservatorio de Ourense.
O centro desta proposta será o traballo de
orquestra, destacando a idea de traballo
conxunto en grupo e a importancia de
escoitar aos compañeiros, conceptos centrais
nesta disciplina. As obras escollidas estarán
especialmente adaptadas para estas idades,
apostando por arranxos que permitiran aos
rapaces e rapazas participantes gozar coa
práctica e aprender ao mesmo tempo.

Con este proxecto de “ocio-serio” buscamos
xerar unha oferta lúdico-formativa para o
verán coa fin de que rapaces e rapazas teñan
unha primeira experiencia tocando nunha
orquestra fora do ámbito académico.

— Idades: de 10 a 14 anos. A idade é
orientativa, precisando acreditamento de
coñecementos previos do instrumento.
— Datas: 5/07/2021 – 16/07/2021 // 19/07/2021 –
30/07/2021.
— Horarios: de luns a venres de 9:00h a 14:00h.
— Destinatarios/as: Esta proposta está
destinada a rapaces e rapazas que estuden
nos conservatorios e escolas de música da
cidade e da contorna.
— Prazas ofertadas: 25 prazas para
orquestra de corda, 20 para orquestra de
ventos e 10 para percusión.
— Prezo: 150€ quincena con posibilidade de
fraccionamento.
— O espazo: O campamento terá lugar na
Asociación de Veciños Val de Fragoso de
Vigo, en Rúa Val Miñor, 1.

Contacto: Atenderemos calquera dúbida no
teléfono 604063919.