3ª edición Verán das nosas vidas

Cultura Inquieta lanza a 3ª edición do verán das nosas vidas, un concurso de fotografía coa mellor época do ano para moitos como protagonista.

Tes que acompañar as fotografías dun comentario explicativo. Podes dar renda á túa vea poética, facer unha viaxe a ese momento e a ese lugar e tentar describir que sentes ou que sentiches nese momento.

Tamén podes darlle un ton máis fresco e humorístico, pero explícanos un pouquiño a fotografía, que significou ese instante.

Debes subir ao teu perfil público de Instagram fotografas feitas por ti e que che fagan voar a ese verán tan especial. Publícaas acompañadas do hashtag #ElVeranoDeNuestrasVidas3 e etiqueta a @culturainquieta e @iberdrola.

Podes concursar con tantas fotografías como queiras.

Concurso aberto desde o 15 de xuño ata o 18 de agosto de 2024.

Importante: debes subir a foto ao teu muro público de Instagram para que a podamos ver. Non se admitirán fotografías enviadas nin por mensaxes privadas, nin por stories de Instagram, nin por correo electrónico.

A finais de setembro (sobre o 19 ou o 21), montaremos unha exposición no Paseo de Coches do Parque do Retiro de Madrid con máis de 100 fotografías seleccionadas de entre todas as que participen.

Convoca: Cultura Inquieta

Requisitos:
Calquera persoa pode presentarse ao concurso. De calquera idade, nacionalidade e desde calquera recuncho do mundo. O concurso está aberto tanto para afeccionados como para profesionais.

Dotación:
– Os premios económicos repartiranse da seguinte maneira entre os seleccionados por votación popular:
    300 euros para a fotografía gañadora.
    200 euros para o segundo posto.
    100 euros para cinco menciones especiais.
– Os premios económicos repartiranse da seguinte maneira entre os seleccionados polo xurado de Cultura Inquieta:
    300 euros para a fotografía gañadora.
    200 euros para o segundo posto.
    100 euros para cinco menciones especiais.

Máis información:
concursos@culturainquieta.com

Bases da convocatoria