900 bolsas no CSIC

A Axencia Estatal Consello Superior de Investigacións Científicas, CSIC, convoca 900 bolsas de introdución á investigación “JAE Intro ICU”, no marco do Programa “JAE”.
A finalidade das bolsas é a iniciación á carreira científica nas diferentes áreas, mediante bolsas para estancias en institutos e centros da Axencia Estatal Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC)

Requisitos:  estudantes universitarios/as, cursando estudos de grao, licenciatura ou máster que teñan completados, polo menos, o 50 % dos créditos (ECTS) correspondentes ao grao.

prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 30 de abril de 2022.

Máis información no BOE do 23 de abril de 2021 e en https://sede.csic.gob.es/programa-jae