Activación do carné xove

Dende o 2021, o carné xove é gratuíto e ten vixencia indefinida entre as idades de 12 a 30 anos, ambos os dous inclusive, polo que xa non é preciso renovalo.Neste sentido, a Xunta de Galicia está enviando o carné xove ao domicilio de todas as persoas potencialmente usuarias, máis de 400.000 mozos e mozas. Polo tanto, xa non é necesario nin solicitalo nin pagalo para telo.

  • No caso das persoas que nunca tiveron o carné ou que o teñen caducado dende hai tempo, reciben no seu domicilio o carné cos tres primeiros campos cubertos (nome e apelidos, data de nacemento e data de caducidade). Para que o carné estea operativo, é necesario que o activen acudindo a un dos puntos de activación do novo carné xove ou ben realizar a ACTIVACIÓN ELECTRÓNICA.
  • A activación consiste en insertar na tarxeta o número de carné (número Eyca) necesario para desfrutar das vantaxes que ofrece este carné tanto na comunidade galega como en España ou nos resto de países da Unión Europea. Neste proceso é preciso acreditarse co DNI.Importante!. 
  • Se a activación se fai a través da rede, os novos usuarios que recibisen o carné xove no seu domicilio deberán cubrir un formulario cos seus datos. No paso duns días recibirán o código de identificación EYCA (European Youth Card) ao correo electrónico de referencia. Unha vez recibido, deberase anotar o código manualmente na tarxeta, en concreto, no apartado número de carné.

*Na carta que reciben os usuarios e usuarias indícase que dispoñen dun mes para activaren o carné. Porén, debido á alta afluencia nos puntos activadores, non se vai aplicar. Os mozos e mozas poden ir cando queiran/poidan, independentemente do tempo que transcorra dende a recepción da tarxeta.

ACTIVACIÓN EN VIGO
Xefatura Territorial da Consellería de Política Social en Vigo
Servizo de Xuventude e Voluntariado
Praza da Estrela, s/n, 1º andar
Teléfonos: 986 817 078, 986 817 079
xuventude.voluntariado.vigo@xunta.gal


ATENCIÓN CON CITA PREVIA
PULSA AQUÍ PARA PEDIR CITA PREVIA

Deberás seleccionar o seguinte en Oficina e Trámite antes de seleccionar a data.

https://www.xunta.gal/cita-previa-consellerias?langId=es_ES
  • No caso das persoas que xa tiñan o carné, coa imaxe antiga, ou que lles caducou hai pouco, recíbeno no seu domicilio con todos os datos cubertos e xa plenamente operativo.