Actividades de ocio alternativo para maiores de 18 anos

A Campaña de verán que a Xunta de Galicia pon en marcha para o ano 2024 inclúe oportunidades de participación para as persoas mozas mediante un novo programa de actividades dirixido a mozos e mozas de entre 18 e 30 anos.

Este novo programa, que promove un ocio educativo, alternativo e saudable para a mocidade galega, conta con 200 prazas en cinco programas de actividades.

Desenvolverase en cinco instalacións de toda Galicia, en quendas de xoves a domingo, concretamente nos albergues xuvenís de Allariz, Cabana de Bergantiños e A Devesa (Ribadeo), así como no complexo Cemar de Mondariz-Balneario e no albergue montañas de Trevinca (A Veiga).

1ª Convocatoria: do 3 ao 10 de xuño.

Cada persoa solicitante só poderá enviar un formulario, no que elixirá ata un máximo de tres programas (identificados co seu código) por orde de preferencia.

As persoas con discapacidade deberán facer constar esta circunstancia no apartado que figura no formulario de solicitude, indicando a porcentaxe recoñecida e o tipo de discapacidade que, de ser o caso, presenta, co fin de planificar os apoios persoais necesarios, se os precisase.

As persoas ás que se lles adxudique unha praza deberán aboar un prezo de 74 euros.
Por ser titular do Carné xove ou membro de familia numerosa, acolledora ou monoparental aplicarase un desconto do 25% sobre o prezo. Os descontos citados en ningún caso serán acumulables. Deste xeito, os/as participantes con dereito a desconto aboarán 55,50 euros.

As prazas serán adxudicadas por rigorosa orde de recepción das solicitudes.

Presentación da solicitude: a apertura do formulario de solicitude será ás 9:00 horas do luns 3 de xuño.

Programa de actividades

Formulario de solicitude (no punto 5)