Aberto o prazo de inscrición para as seguintes actividades de carácter gratuíto que se desenvolverán presencialmente na Casa das Mulleres (r/ Romil, 20) no período comprendido entre o mes de xaneiro ao mes de xuño de 2023.
. OBRADOIRO DE CANTO PARA MULLERES “CON VOZ PROPIA”
. GRUPO DE AXUDA MUTUA PARA MULLERES EN SITUACIÓN DE VIOLENCIA DE XÉNERO
. OBRADOIRO “SÁCALLE PARTIDO AO TEU MÓBIL”OBRADOIRO “SÁCALLE PARTIDO AO TEU MÓBIL”
. OBRADOIRO “FALAMOS?”
. OBRADOIRO “HISTORIAS DE VIDA DAS MULLERES PARA XOGAR NO TEATRO”
. OBRADOIRO DE ESCRITA AUTOBIOGRAFICA
. CURSO DE FORMACIÓN EN IGUALDADE PARA MONITORADO DE ANIMACIÓN SOCIOCULTURAL E DO OCIO E TEMPO LIBRE
OBRADOIRO DE CANTO PARA MULLERES “CON VOZ PROPIA”
Destinado a: mulleres maiores de 18 anos ás que lles guste cantar. NON se precisa cantar “ben”.
Formadora: Cristal Méndez Queizán.
Obxectivos:
Fomentar a aserción e a propia estima (apoderamento).
Explorar e liberar os recursos expresivos da voz e do corpo.
Incrementar a conciencia e os coñecementos sobre o funcionamento da voz e da respiración para mellorar a voz e a saúde.
Recoñecer e valorar as posibilidades expresivas da voz propia e allea.
Recoñecer recursos persoais utilizando o canto como medio
Construír novas maneiras de relacionarnos, utilizando o canto como medio
Promover os valores de inclusión, integración e respecto da diversidade.
Descrición: utilizando o canto de grupo e individual exploraremos a capacidade expresiva e emocional das nosas voces para recoñecernos e apoderarnos. Paralelamente aprenderanse unha serie de habilidades técnicas para mellorar e facer máis “forte” e “clara” a propia voz. Neste obradoiro o canto é UN MEDIO non un obxectivo, polo que NON é preciso “cantar ben” e basta coa intención de gozar xuntas a través do canto.
Contidos:
Habilidades de base (técnicas relativas á voz e ao canto): respiración e apoio diafragmático, control dos elementos do tracto vocal superior (padal brando, lingua, epiglote, control dos resoadores etc.) e educación da postura enfocada ao canto.
Habilidades expresivas: exploración corporal do son a través do movemento e a danza, improvisación e composición, canto e improvisación coral, canto e improvisación individual e escoita consciente e activa das nosas voces.
Metodoloxía: utilizaranse moitos recursos da Músico-Terapia e da Danza-Terapia adaptados ás necesidades individuais de todas as participantes. O noso método é participativo e inclusivo, favorecendo o benestar e a integración no grupo así como a creación dun “espazo seguro e protexido” para todas.
Temporalización:
Duración: 8 sesións. 24 horas.
Datas: luns, do 6 de febreiro ata o 27 de marzo.
Horario: de 18:00 a 21:00.
Inscrición e participación na actividade:
Inscrición previa (ver proceso de inscrición).
Grupos con capacidade limitada
GRUPO DE AXUDA MUTUA PARA MULLERES EN SITUACIÓN DE VIOLENCIA DE XÉNERO
Destinado a: mulleres e homes maiores de 18 anos que estén ou estiveran en situación de violencia de xénero.
Formadora: Mónica Calvo Serrano (psicóloga).
Obxectivos:
Proporcionarche apoio e comprensión ás vítimas e facilitarlles un espazo para o seu desafogo emocional.
Axudarche a: restablecer o control sobre a súa propia vida tomando as súas propias decisións, aclarar as expectativas de roles de xénero e mitos sobre violencia de xénero, recoñecer as súas fortalezas e debilidades, afrontar os sentimentos de perda e dó no caso dunha separación, expresar emocións, sobre todo, nos sentimentos contraditorios co agresor e proxectarse cara ao futuro.
Facerche comprender que ela non é responsable da rabia nin das condutas violentas da súa parella e que ninguén ten dereito a maltratar.
Proporcionarche información sobre violencia de xénero e as súas consecuencias máis comúns.
Descrición: este espazo permite o desenvolvemento de habilidades sociais e á súa vez mellora a calidade de vida de quen o integra, coa finalidade de que as mulleres se empoderen cos recursos psicolóxicos brindados e así poidan identificar e afrontar todas aquelas situacións de violencia que se lles presenten.
Metodoloxía:
Trabállese nun clima de grupo de aceptación, respecto, confidencialidade e libre de xuízos. Condicións que se traballan en cada sesión.
A dinámica desenvólvese nun proceso paulatino de profundidade crecente, o proceso condúcese de forma gradual.
O grupo é pechado; unha vez que inicia continuará coas mesmas integrantes, non permitindo o ingreso de novas participantes.
Cada sesión ten os seus propios obxectivos e actividades de acordo a eles, pero tamén tomando en conta ás participantes.
Temporalización:
Duración: 32 horas en 16 sesións.
Datas: mércores, do 15 de febreiro ata o 14 de xuño (agás 5 de abril e 17 de maio por festividades)
Horario: de 18:30 a 20:30.
Inscrición e participación na actividade:
Inscrición previa (ver proceso de inscrición).
Participación na actividade: condicionada a ter praza confirmada.
OBRADOIRO “SÁCALLE PARTIDO AO TEU MÓBIL”
Destinado a: mulleres maiores de 18 anos con dispositivos Android.
Formadora: Uxía Cazorla Silva.
Obxectivo: proporcionar as habilidades básicas para o manexo do móbil, e así poder sacarlle maior rendemento.
Contidos:
Actualización do dispositivo e aplicacións.
WhatsApp.
Aplicacións: SERGAS, Concello de Vigo, códigos QR,…
Aplicacións de Google: correo electrónico, notas, calendario,…
Facer e xestionar fotos. Almacenamento.
Temporalización:
Duración: 6 sesións. 12 horas.
Datas: xoves, do 2 de febreiro ata o 9 de marzo.
Horario: de 17:30 a 19:30.
Inscrición e participación na actividade:
Inscrición previa (ver proceso de inscrición)
Participación na actividade: condicionada a ter praza confirmada
OBRADOIRO “FALAMOS?”
Destinado a: mulleres maiores de 18 anos.
Formadora: Marián Prego.
Obxectivos:
Mellorar a comunicación, tanto oral como corporal.
Sentirnos cómodas e fluídas á hora de interactuar con outras persoas.
Contidos:
Dicción.
Expresividade oral e xestual.
Teatro lido.
Poesía.
Dramatización de textos.
Medo escénico.
Improvisación.
Faladoiros en grupos.
Temporalización:
Duración: 10 sesións. 20 horas.
Datas: mércores, do 25 de xaneiro ata o 29 de marzo.
Horario: de 18:00 a 20:00.
Inscrición e participación na actividade:
Inscrición previa (ver proceso de inscrición)
Participación na actividade: condicionada a ter praza confirmada.
OBRADOIRO “HISTORIAS DE VIDA DAS MULLERES PARA XOGAR NO TEATRO”
Destinado a: mulleres maiores de 18 anos, alumnas da actividade en 2022.
Formadora: Irene Moreira.
Obxectivos:
Descubrir un espazo de xogo, creatividade e expresión teatral que lles permita ás alumnas empregar o teatro como ferramenta ao servizo das súas historias de vida.
Fomentar a igualdade e o empoderamento das mulleres participantes a través da visibilización e recoñecemento das súas achegas e traballo realizadas ao longo da súa vida, empregando como medio para a consecución desta finalidade a actividade teatral e a expresión artística e dedicando un espazo e un tempo propio.
Descrición: o teatro como ferramenta ao servizo das nosas historias de vida. Atoparnos no vivido para contalo/falalo/sentilo/imaxinalo con e para as demais.
Contidos:
Recoñecemento da experiencia. De onde vimos?
Descubrir ferramentas básicas do teatral
Actualizar e contextualizar o “noso proxecto”.
Improvisación e composición escénicas.
Temporalización:
Duración: 48 horas en 16 sesións.
Datas: martes, do 7 de febreiro ata o 30 de maio (agás o 28 de marzo por festividade)
Horario: de 18:00 a 21:00.
Inscrición e participación na actividade:
Inscrición previa (ver proceso de inscrición)
Participación na actividade: condicionada a ter praza confirmada.
OBRADOIRO DE ESCRITA AUTOBIOGRAFICA
Destinado a: mulleres maiores de 18 anos.
Formadora: Graciela Baquero.
Obxectivo: tomar conciencia que estamos habitadas por milleiros de relatos únicos, intransferibles que fan que nos volvamos profundamente ricas.
Descrición: obradoiro dirixido a todas aquelas mulleres que queiran ter a experiencia vital de contarse. Escribirnos, non só representa revivir a nosa historia, apropiarnos das nosas experiencias, senón tamén recoñecernos.
Contidos:
A escritura automática: diarios e outros apuntamentos.
O discurso das imaxes: as vellas fotografías.
A linguaxe das perdas: o dó.
O pracer de imaxinarnos: as oportunidades perdidas.
O monólogo interior: falarnos claro.
Poesía e memoria.
Os obxectos que van comigo: a maxia das cousas.
Tecer o fragmentado: intención de totalidade.
Reflexións sobre esta experiencia.
Temporalización:
Duración: 20 horas en 10 sesións.
Datas: mércores, do 25 de xaneiro ata o 29 de marzo.
Horario: de 18:00 a 20:00.
Inscrición e participación na actividade:
Inscrición previa (ver proceso de inscrición)
Participación na actividade: condicionada a ter praza confirmada.
CURSO DE FORMACIÓN EN IGUALDADE PARA MONITORADO DE ANIMACIÓN SOCIOCULTURAL E DO OCIO E TEMPO LIBRE
Destinado a: monitorado de animación sociocultural e de ocio e tempo libre.
Formadora: Cristina Rodríguez Ramos, experta en Xénero e Igualdade de Oportunidades.
Obxectivo: facilitar a incorporación da perspectiva de xénero no traballo nos eidos da animación sociocultural e do tempo libre.
Contidos:
Introdución á perspectiva de xénero. Socialización de xénero e as súas consecuencias.
A transversalidade aplicada ao ámbito do tempo libre: a coeducación.
Elementos clave para a planificación coeducativa no tempo libre.
Prevención da violencia machista.
Metodoloxía presencial: o curso desenvolverase na Casa das Mulleres (R/ Romil, 20). As sesións teóricas supoñen unha carga lectiva de 18 horas e consistirán en exposicións dos contidos, para o que se empregarán documentos, vídeos, imaxes,… As 8 horas restantes corresponderanse ás sesións prácticas.
Calendario: luns 22 e 29 de maio, martes 23 e 30 de maio e xoves 25 de maio e 1 de xuño de 18:00 a 21:00. Luns 5 e martes 6 de xuño de 17:30 a 21:30h.
Acreditación: entregarase un diploma acreditativo do aproveitamento do curso. Para poder obtelo, deberase asistir e ter un aproveitamento do curso de cando menos o 80%, así como unha cualificación de apta. A avaliación comprenderá tres aspectos: asistencia, probas teóricas e prácticas realizadas e actitude participativa e respectuosa.
Inscrición e participación na actividade:
Inscrición previa (ver proceso de inscrición. Ficha de inscrición específica).
Participación na actividade: condicionada a ter praza confirmada.
Proceso de inscrición:
Prazo de inscrición: dende a publicación da presente convocatoria e ata cubrir prazas.
Fichas de inscrición en formato editable: deberase cubrir os datos solicitados na ficha de inscrición xeral, O curso de formación en igualdade para monitorado ten unha ficha específica .
Presentación da Ficha de inscrición: enviarase por vía telemática unha ficha asinada por cada unha das actividades solicitadas a casadasmulleres@vigo.org ou ofi.muller@vigo.org
No caso que non sexa posible a vía telemática, farase a entrega presencial da ficha de inscrición asinada na Casa das Mulleres, de luns a venres, 17:30-21:30.
Criterios de admisión nas actividades: Terán preferencia as persoas empadroadas no Concello de Vigo (farase a correspondente comprobación) e que non fixeran ese mesmo obradoiro/curso en pasadas edicións (agás as alumnas do ano 2022 dos obradoiros “Historias de vida das mulleres para xogar no teatro” e “Escrita Autobiográfica” que poderán permanecer incritas nesta convocatoria) A continuación seguirase o criterio de orde de entrada da solicitude.
Sempre será necesaria a inscrición previa, tendo en conta que se traballará con capacidade limitada.
Confirmación da praza: unha vez admitida comunicarase por enderezo electrónico ou por teléfono.
ARQUIVOS ADXUNTOS:
Ficha_Inscricion_2023__Igualdade_para_Monitorado.pdf 291 KB
Ficha_xeral__Inscricion_2023.pdf 288 KB
Programa_de_actividades_Casa_das_Mulleres_primeiro_semestre.pdf 414 KB