Actos do Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres

Desde a Concellería de Igualdade do Concello de Vigo difundimos o programa de actos que con motivo do próximo 25 de novembro “Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres” organizamos conxuntamente co Consello Municipal da Muller.

Os actos desenvolveranse no mes de novembro e decembro na cidade: proxección de filmes, presentación de libro, coloquios, accións reivindicativas,  xornadas formativas, actuacións musicais, etc

A primeira actividade será o martes 16 de novembro ás 16:30 h no Auditorio Municipal.  “Quen Son. Autoetnografías fílmicas de artista”. Proxectaranse seis curtas de alumnas de Belas Artes con coloquio posterior coas autoras moderado por Xisela Franco.